1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

140814 acidenteGaliza - CIG - A CIG exixe unha actuación exemplar da Administración contra a empresa PACASA tras do grave accidente laboral rexistrado hoxe


A Federación de Construción atribúe o sinistro á absoluta precariedade laboral, á falta de medidas de seguridade e a ausencia de formación do persoal
A CIG-Construción da Coruña vén de presentar denuncia na Inspección de Traballo contra a empresa PACASA para que investigue as causas polas que este mércores se produciu un accidente laboral no que resultou ferido de gravidade un traballador.

A empresa, con sede social en Castellón, dedícase a actividades de pintura de estrada para obras públicas e foi denunciada en anteriores ocasións pola CIG polas precarias condicións nas que se atopan os traballadores e traballadoras. Unhas condicións, lamentan dende a CIG-Construción que na mañá deste mércores derivaron nun accidente laboral grave, nas instalacións que ten a compañía no Polígono Industrial de Bergondo.

O sinistro produciuse mentres un operario, que ao parecer foi contratado no día de onte, cargaba unha máquina nun camión, empregando quitamedos e táboas de estada a xeito de rampla, que acabaron por ceder. Como consecuencia a maquinaria envorcou, atrapando ao traballador debaixo do vehículo e causándolle feridas moi graves nunha perna.

A CIG-Construción subliña que en ningún momento compareceu ningún responsábel da empresa no lugar, nin sequera para interesarse polas consecuencias do accidente e o estado de saúde do traballador, senón que "mais ben todo o que tivera relación coa empresa fuxiu da escena". Para a central sindical, esta actitude fai sospeitar que a empresa, despois de despedir ao seu cadro de persoal habitual, pretende continuar a súa actividade con traballadores/as sen contrato -ou de moi recente contratación- e sen a formación adecuada.

Para a CIG-Construción "é totalmente denunciábel que PACASA, unha empresa castellonesa sen presenza empresarial en Galiza, atopase todas as facilidades para contratar obras públicas no noso país con simplemente crear unha filial subterfuxio (Señalización y Mobilidad SL), alugar un centro de traballo en Bergondo que nunca se molestou sequera en rotular, e contratar fraudulentamente media ducia de empregados, saltarse todas as premisas de vixilancia da seguridade e saúde, formación, EPIs, etc..."

A consecuencia destas irregularidades é que un traballador resultou gravemente accidentado. "A gravidade desta situación esixe por parte da Inspección e das Administracións Públicas unha actuación exemplarizante, e que esixa todas as garantías a calquera empresa que pretenda contratar obras públicas", asevera a CIG-Construción, que ten previsto iniciar unha campaña reivindicativa neste senso.

O pasado 8 de xullo, a CIG xa presentara denuncia na Inspección pola situación do cadro de persoal, que levaban varios meses sen cobrar, sen recibir material para desenvolver o seu traballo, nin instrucións sobre o mesmo, e nin sequera eran atendidos telefonicamente ao tratar de falar coa empresa, sendo finalmente despedidos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.