1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130814 queremosGaliza - CIG - CIG-Industria denuncia que a empresa está a contratar e obriga ao persoal a realizar horas extraordinarias


A multinacional alemá BIS acaba de presentar un ERE de extinción a través do que pretende despedir a 41 traballadores/as indefinidos/as da planta que ten en Ferrol. Dende a CIG-Industria denuncian que esta medida carece de xustificación, pois a empresa acaba de contratar a 12 operarios/as e "forza a todo o persoal a realizar horas extraordinarias"

A CIG-Industria explica que as instalacións que Diasa tiña no Polígono de Río do Pozo foron adquiridas pola multinacional alemá "que levaba tempo procurándose espazo no sector naval de Ferrol".Na actualidade, explica Serxio Martínez, estase a negociar un ERE a nivel estatal, cunha proposta de 131 despedimentos, dos que 41 serían na comarca de Ferrol.

"A representación do persoal quere denunciar publicamente como as empresas en xeral e, esta en particular, utilizan os mecanismos da reforma laboral do PP para precarizar as condicións de traballo", asegura Martínez. A representación social da comarca na mesa negociadora de Madrid (13 membros en total) son un delegado de CCOO e outro da CIG.

A proposta da empresa consiste en despedir a 41 traballadores/as con contrato indefinido, dos 100 que ten na actualidade na comarca. Non obstante, BIS acaba de contratar a 12 eventuais máis, "e forza a todo o persoal a realizar horas extraordinarias para atender o moito traballo que ten".

Martínez sinala que a dirección tamén presentou propostas de flexibilizar a xornada e reducir salarios, "cousa que tamén está a facer pola vía de baixar categorías aos eventuais", denuncia.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.