1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290714 ouGaliza - CIG - O xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense vén de ditaminar o amaño de tribunais de oposición, anulando dúas prazas denunciadas pola CIG no Concello de Xinzo da Limia.


O enchufismo practicado de forma impúdica durante anos polo PP de Ourense nas diversas institucións en que goberna -seguindo o modelo pautado pola Deputación- vén de ser desvendado nunha nova sentenza xudicial. Desta volta, o xuiz da sala 1 do Contencioso-Administrativo de Ourense dá a razón á CIG-Monterrei/A Limia e anula as oposicións do Concello de Xinzo nas que obtiveron praza a compañeira sentimental do actual rexedor, Antonio Pérez, ademais da filla dun destacado dirixente da formación na provincia.

A sentenza, alén de satisfacer a demanda efectuada pola central nacionalista -con maioría no comité do Concello de Xinzo-, anulando as dúas prazas conqueridas por familiares de cargos do PP, debulla o procedimento até demostrar a existencia dunha trama que implica militantes de toda a provincia. Deste xeito, e sumado á “máxima desviación de poder” do Alcalde da vila, demóstrase que os tribunais de oposición estaban compostos integramente por funcionarios da Deputación de Ourense e/ou militantes do PP, incumprindo a normativa legal de estaren conformados por “persoal neutral” sen responsabilidades nen interese político direto.

Parella do alcalde

No primeiro concurso-oposición amañado obtivo unha praza de administrativo (grupo C.1) A.M.F.N, que a sentenza sitúa como parella do alcalde de Xinzo, nun proceso plagado de irregularidades. Á composición do tribunal, conformado con persoal do organismo provincial que controla o PP, súmase a concorrencia doutras dúas opositoras que nun dos casos non se apresentou ao exame e noutro o deixou en branco. Para o xuiz, o alcalde, alén de incumprir o “deber de asbterse na maior parte do proceso selectivo”, designou un “tribunal ad-hoc composto por persoas sobre as que ostentaba algún tipo de poder ou influencia para que se adxudicase a praza á súa parella, cousa que así ocorreu”. Acrescenta, ademais que “non deixa de sorprender que todos os membros do tribunal traballasen para a Deputación Provincial de Ourense”, da que forma parte o rexedor. O presidente do tribunal (J.L.S.M.) é parte da corporación de Monterrei polo PP, un dos vocais (J.A.B.P.) é tamén concelleiro do PP en Esgos, e o secretario do tribunal (J.E.G.C.) foi alcalde en Nogueira de Ramuín.

Filla dun destacado militante do PP

No segundo dos casos, M.C.P.L. que no ditame xudicial é recoñecida como filla do ex-delegado de Medio Ambiente de Ourense polo PP , Agustín Prado Verdeal, conseguiu a praza de Letrada Municipal (gpo. A.1) en base a outro proceso similar onde "a práctica totalidade dos membros está estreitamente vencellada ao PP". A praza adxudicouse "a pesar de que ostentaba méritos e capacidades moi inferiores aos de varios dos demais candidatos na oposición". Tamén recolle que o pai da enchufada matiña "un estreito vínculo" co ex-presidente da Deputación, Xosé M. Baltar.Dos catro funcionarios provinciais do tribunal, "tres ostentan ou ostentaron cargos políticos relevantes polo PP", citando a J.L.S.M, concelleiro en Monterrei, J.A.B.P, concelleiro en Esgos e J.E.G.G, alcalde de Nogueira de Ramuín,e o cuarto "tratábase da parella do alcalde do Carballiño".

Vulneracións da Lei

A sentenza indica que a inclusión no tribunal de varias persoas que ocupan cargos representativos, de elección ou designación política, "constitúe unha infracción do disposto ao efecto no artigo 60.2 do Estatuto Básico do Empregado Público (Lei 7/2007). Deste xeito "vulnerouse a imaxe de imparcialidade e obxectividade que debe presidir o proceso selectivo".

Ademais de anular as resolucións das prazas, revogándoas e deixándoas sen efecto, a sentenza indica que estas prácticas "alimentan a idea xeralizada de que para poder acceder a estes postos non basta con competir en igualdade de condicións, por mérito e capacidade, se non que é necesario dispor dalgún tipo de vínculo político, amizade ou parentesco cos círculos do poder".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.