1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220714 reprGaliza - CIG - Durante a protesta reivindicaron a readmisión dos despedidos en PSA-Citroën e mailo cese dos ataques contra os dereitos da clase traballadora na automoción


Unha vintena de traballadores ocupou esta mañá desde as 12:30 até as 14:30 horas as instalacións do Clúster da Automoción de Galiza, en Vigo, para denunciar a campaña represiva que están a sofrer as traballadores/es do sector nos últimos meses. Durante o peche despregaron unha faixa perfectamente visíbel desde a entrada principal de PSA-Citroën, cara onde dirixiron constantes berros de apoio á concentración en prol da readmisión dos dous traballadores inxustamente despedidos. A FSM, pola súa parte, enviou unha carta de apoio á loita.

O sector a automoción, articulado en Galiza arredor de PSA-Citroën, vive nos últimos tempos unha etapa marcada pola vulneración sistemática dos dereitos laborais, acompañadas do acoso patronal e represalias contra quen non se prestar sumisamente ao brutal incremento de ritmos e xornadas. Paco e David, filiados da CIG despedidos na multinacional francesa baixo un criterio exemplarizante, constitúen a punta dun iceberg de incumprimentos e acoso, situacións moitas veces agochadas tralo medo a perder o posto de traballo.

Por todo isto, e despois de 21 xornadas de greve de fame nas instalacións da factoría de PSA en Vigo, a Coordenadora da Automoción da CIG quixo evidenciar cun peche nas oficinas do Clúster da Automoción a actitude firme de quen se nega a aceptar un retroceso desta magnitude. Continúa, deste xeito, coas concentracións realizadas nestes últimos dous meses en empresas como o Grupo Antolín, onde a clase traballadora padece tamén as consecuencias das políticas represivas da patronal. "Este é un anticipo da próxima restruturación e reconversión do sector" que, segundo membros da Coordenadora, "terá unha resposta sindical prolongada no tempo".

A ocupación, que transcorreu sen incidencias, prolongouse desde as 12:30 até as 14:30 horas, coincidindo coa concentración diaria en apoio dos despedidos en PSA-Citroën. A proximidade entre ambos edificios facilitou o contacto visual e sonoro de ambas accións de protesta, que berraron ao unísono en prol da reamisión de Paco e David. Das fiestras do Clúster penduraba unha faixa contra a represión laboral asinada pola CIG, compondo un mosaico reivindicativo que chamou a atención dos centos de traballadores/as que durante ese tempo se incorporaban ás súas quendas.

Alén, disto, representantes da Coordenadora trasladaron os motivos da acción ao xerente do CEAGA, Alberto Cominges, que se atopaba neses momentos nas instalacións.

21 xornadas de greve de fame

A greve de fame iniciada hai 21 días polos veteranos da sección sindical Henrique Pérez e Miguel Anxo Dapía, que reaxeron fronte á situación de degradación dos dereitos laborais en Citroën evidenciada nos dous despedimentos, continúa con outras caras mais coa mesma intensidade.

Trala indisposición de varias/os dos compañeiros/as nos sucesivos relevos que dan a este xexún un carácter colectivo e plenamente solidario, continúan a greve Brais Torres e Manuel Maquieira, que levan 3 e 4 días no gabinete médico da empresa sen inxerir alimentos, respectivamente.

Eduardo Crespo foi o último en decaer da greve ao sofrer febres e mareos, tendo que precisar a asistencia dunha ambulancia que a dirección demorou máis de 20 minutos o pasado xoves. Neste sentido, Manuel Domínguez, secretario da sección sindical da CIG en Citroën, denunciou a nula sensibilidade de PSA coa greve de fame, "pondo máis trabas ao acceso de veículos sanitarios que a prisión da Lama". Unha actitude que para o sindicalista é "plenamente acorde cos procesos de represión laboral que estamos a vivir".

FSM difunde a nivel internacional unha carta de apoio

Pola súa parte, a Federación Sindical Mundial, da que fai parte a CIG-Industria, enviou unha carta de apoio á greve de fame, sumándose á esixencia de readmisión para Paco e David e difundíndoa a nivel internacional. "Só a solidariedade da clase obreira, da clase explotada, é capaz de frear e vencer os desexos dos xenocidas e explotadores", conclúen.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.