1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

180714 reparaGaliza - CIG - A sección sindical da CIG alerta de que isto agrava aínda máis o deterioro desta área de negocio froito das políticas de centralización.


A sección sindical da CIG de Navantia-Ferrol denuncia que as políticas que se están a implantar na empresa, de aprovisionamentos e organización interna centralizada, deixan ver un futuro incerto no negocio de Reparacións ante a falta de investimentos nesa área. Advirte que o mercado mundial está a deseñar dous grandes escenarios: un conformado pola zona de Oriente (Asia, Arabia...) e outra zona atlántico-mediterránea, e demanda unha xestión descentralizada que dote de autonomía á Ría de Ferrol.

A sección sindical explica que non se pode negar un transvasamento de carga de traballo dende a zona occidental ata a oriental e que tamén se observa unha maior demanda na zona occidental debido, entre outras circunstancias, aos novos métodos de extracción de hidrocarburos na zona americana.

Ante esta situación a nivel mundial de incremento da demanda no sector de Reparacións e grandes transformacións, "varios estaleiros do noso contorno están a investir en modernización e actualización para dedicalos a esta actividade" indican, engadindo que en Europa estanse a mercar estaleiros para transformalos en grandes centros de reparacións, que se están a converter en serios competidores de Navantia, xa que os investimentos van dirixidos a adecuación dos mesmos ás dimensións e esixencias dos novos buques. Pola contra, denuncian que " en Navantia nin investimento nun dique que permita ofertar a eses novos buques, nin tampouco actualización de instalacións que melloren a competitividade".

Sinalan ademais que a isto únese unha política de centralización das operacións, tanto de contratación como de subcontratación, que lle restan axilidade, característica imprescindíbel nun mercado que necesita de rapidez nas ofertas e presupostos. "A centralización que se está a implantar, burocratiza os procesos, restándolle esa axilidade na resposta que o sector demanda e está a propiciar unha asfixia económica á pequena empresa auxiliar da zona, xa que produce unha atraso nas ordes de pago, moitas delas a espera da execución dende as oficinas centrais, producindo unha precarización do emprego e das condicións socio-laborais", denuncian.

A sección sindical da CIG en Navantia considera que outro tanto ocorre nos procesos de aprovisionamento e nas certificacións de calidade e asistencias técnicas e denuncia que fronte a isto, a Xunta de Galicia "non só non foi quen de presentar o seu proxecto de potenciación do sector naval na Ría, senón que está tapando os ollos ante este desmantelamento da organización territorial, que afasta aínda máis calquera iniciativa política que se puidera propiciar dende a administración autonómica". Xunto a isto botan en falta unha política de financiamento desde a Xunta para as empresas da zona.

"Seguimos a insistir na demanda dunha xestión descentralizada, que dote de autonomía empresarial á Ría de Ferrol e que se faga efectivo o compromiso, anunciado reiteradamente en cada campaña electoral, da Xunta de impulsar o sector naval a través da participación no consello de administración de Navantia, implicación económica que propicie os investimentos necesarios, e financiamento da Industria Auxiliar do naval", conclúen.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.