1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2014 07 15 ManifaDespedidosCitroen00.previewGaliza - CIG - Máis dun milleiro de persoas manifestáronse hoxe en Vigo para esixir a readmisión dos dous traballadores despedidos en Citroën e en apoio da folga de fame que dende hai 15 días manteñen os membros da sección sindical. Ademais da protesta diaria ás portas da fábrica houbo concentracións solidarias en concesionarios da Coruña, Santiago e Ourense.


A manifestación celebrouse xusto cando se cumpren 15 días do inicio da folga de fame por parte da sección sindical para reclamar a readmisión dos traballadores despedidos, tempo no que varios compañeiros/as foron substituídos tras sufrir problemas de saúde, e partiu pasadas as oito da tarde da Praza de América para rematar arredor das dez da noite coa interpretación do himno galego ás portas de Citroën.

Durante o percorrido, no que tamén estiveron presentes distintas organizacións sindicais, políticas e sociais, as consignas máis escoitadas foron "Despedidos readmisión", "Citroën atende a CIG non se vende", "Non pode ser obreiros na cadea e corruptos no poder" ou "O criminal e o capital".

Antes, o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, e o integrante máis veterano da sección sindical de Citroën, Henrique Pérez, denunciaron durante as súas intervencións diante das instalacións da empresa o “réxime de terror” que pretende instaurar a multinacional francesa e chamaron a continuar as mobilizacións até que os dous traballadores sexan readmitidos.

Pérez amosouse moi crítico coa política de represión laboral que está a aplicar a dirección e incidiu na mesma idea que expresaron os dous despedidos, que din sentirse 'cabezas de turco': “Esta decisión tan drástica como nunca antes se vira na fábrica é un golpe enriba da mesa da empresa para meterlle o medo no corpo á xente coa finalidade de evitar que poida reivindicar os seus dereitos”. Neste senso, asegurou que “dentro da fábrica poderán arrincarnos a carne e mesmo os ósos, pero non nos van quitar a dignidade”.

Pola súa banda, o secretario comarcal da CIG-Vigo enmarcou o conflito laboral no contexto de ataques e agresións contra a clase traballadora “que está a protagonizar o PP”. Ao mesmo tempo, censurou o comportamento das centrais sindicais maioritarias en Citroën, en especial CCOO e UGT, pola súa actitude insolidaria dende que se coñeceron os despedimentos.

Nesta liña expresáronse tamén dende a sección sindical da CIG-Citroën durante a concentración solidaria que se desenvolveu como cada día diante da fábrica de 13.15 a 14.15 horas despois de ter coñecemento da aparición de pintadas que culpan á CIG dos despedimentos. “Hai organizacións ás que se lle enche a boca coa defensa da clase traballadora pero logo actúan como verdadeiros delincuentes sindicais”, sentenciaron.

Permiten entrada de persoal sanitario tras 15 días

O persoal sanitario de confianza dos folguistas puido acceder finalmente ao interior da dependencias tras 15 días nos que a dirección de Citroën lles denegou a entrada, impedindo que se puidese avaliar o seu estado físico. Dende a CIG explican que tiveron que apelar ao código deontolóxico médico para forzar á empresa a permitir o acceso. Tras lograr o permiso levaron a cabo os pertinentes controis e análises e agora agardan polos resultados das probas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.