Horas antes a dirección da empresa adoptara a primeira medida vulneradora do dereito de Folga, e consistiu en non chamar ao persoal da quenda de noite e substituílo por traballador@s dunha ETT.
O acordo basicamente consiste en: Supersión da categoria de entrada.
A aceitaçom pola empresa, en maior ou menor grado, de todas as reivindicaçons dos traballadores.
Quanto à subida salarial. Acordouse facela por dous anos. O primeiro IPC + 0,4 % e o segundo IPC + 0,7 %. Mais um pagamento em setembro de 320 euros variáveis e o resto da paga a repartir en 12 meses, de 400 euros.
Aliás, as novas contrataçons de noite faranse con categoría de especialista, e que e eliminan nesta quenda as contratacións de ETTS, mais o pessoal terá un contrato de quatro horas. Além do mais, na quenda de día estabelecera-se a categoria de peom durante 12 meses, com a subida e salario de FAURECIA e co compromisso dunha duraçom estável.
A CUT faz umha avaliaçom positiva, levando en conta a pouca homoxeneidade dentro do comité e tendo en conta que sen a convocatoria de greve non se conseguira nin un mero acercamento a estas posturas finais.