1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130714 planoGaliza - CIG - Increméntanse as bonificacións ás empresas, ás que se ofrece un menú de modalidades de contratación en precario, e ponse en risco a caixa da Seguridade Social.


A Confederación Intersindical Galega considera que o plan de emprego xuvenil, publicado o sábado día 5 de xullo no BOE, afonda en modalidades de contratación que favorecen a explotación da mocidade e que van provocar que a súa única alternativa, para buscar unhas condicións laborais máis dignas, siga sendo a emigración. A CIG denuncia ademais que todo o plan baséase en seguir incrementando as bonificacións ás empresas. Un sistema que xa demostrou o seu fracaso e que non propiciou, en absoluto, a creación de emprego.

A CIG considera que este Plan "non aporta nada novo" e que se limita a canalizar os 1.887 millóns de euros de fondos estruturais destinados pola UE ao Estado español para a atención directa á mocidade, durante o período 2014-2020. O Estado preséntao ademais no límite do tempo, xa que estaba na data tope para cumprir coa recomendación da UE de hai xa un ano.

Entende que se trata dunha acumulación de medidas que son un auténtico despropósito e que o único que fan é afondar en deixar á mocidade abandonada á súa sorte, ben nunha situación de explotación brutal, aproveitando todos os resortes que ofrece a reforma laboral -e que impactan de forma especialmente castigadora sobre este grupo de idade-, ben abocándoa á emigración, ao non articularse ningunha alternativa diferente ás que xa hai, pero máis cargadas de bombo".

Segue, de feito, a senda desas reformas laborais que sempre se anuncian para resolver a problemática do paro e cada vez precarizan máis as condicións laborais, desviándose inxentes recursos cara as empresas. Medidas coas que non se conseguiron os resultados previstos, como a chamada Tarifa Plana, coa que se reducen as cotizacións das empresas á Seguridade Social para incentivar a contratación indefinida malia o que estas seguen empregando, en máis dun 93%, os contratos temporais.

En consecuencia, para a central sindical trátase dun compendio de medidas neoliberais que reiteran as políticas que foron aplicando nos últimos anos PSOE e PP e que tiñan como designataria á mocidade.

Todo isto faise ademais afondando nas modalidades de contrato de formación e de aprendizaxe que teñen sobradamente demostrado o seu fracaso. Tal é así, que na exposición de motivos, o propio goberno dá toda unha serie de cifras que retratan a grave situación da mocidade e que confirman ese fracaso. Porén, lonxe de mudar esas políticas vólvese reiterar nelas, o que non fai albergar esperanza algunha de que se obteñan resultados diferentes aos conseguidos até o de agora.

Inxentes cantidades para as empresas

Do mesmo xeito, e seguindo na liña de repetir políticas fracasadas, a través deste plan o que se fai é ampliar as bonificacións á contratación, como se xa foran poucas as que hai actualmente. Preténdese cargar sobre os sistemas de formación oficiais regrados o custo da formación que as empresas están obrigadas a facer, na lóxica destes contratos formativos.

Faise ademais un estarricamento das posibilidades de aplicación da reforma laboral, neste caso a través da versión do fomento de contratos a tempo parcial onde, por primeira vez, se abre tamén esa modalidade ás bonificacións, o que é aínda máis escandaloso, dado que os contratos de formación xa contan con bastantes reducións aplicadas á contratación.

Estes novos incentivos quérense facer extensivos a outros traballadores e, polo tanto, as empresas poderán aforrar en custos de seguridade social sobre a base de que se teñen moitos traballadores en contratos formativos, ademais da bonificación que obteñen por eses contratos tamén van conseguir reducións/bonificacións no conxunto dos/as traballadores/as na empresa.

Faise unha perversa vinculación das bonificacións co suposto carácter indefinido do contrato que é falsa porque aos seis meses pódese despedir á traballadora ou traballador e empatar logo con outro tipo de contrato. O grave é que agora se es empresario e queres aforrar tes un menú á carta para poder obter bonificacións varias.

Alén diso, déixase á mocidade como carne de canón ás ETTs e lévase a este grupo de idade de 16 a 25 anos, a ser quen máis sufra a dureza e o impacto reforma no que se refire a contratación a través de todo o recollido cando se fala de mellora da intermediación e empregabilidade.

Recentralización

O Plan crea un ficheiro nacional de garantías xuvenil no que é obrigada a inscrición para que as e os mozos poidan figurar como beneficiarios/as das medidas de intermediación, empregabilidade, contratación ou emprendemento.

Centralízase, xa que logo, todo o sistema e dáselle unha denominación moi 'rimbombante', algo moi propio do PP, co obxectivo de españolizar moito máis cando se fala de "Sistema Nacional de Garantías Xuvenil".

Todo este sistema vai depender do Ministerio e non se sabe o papel que xogará o Servizo Galego de Contratación. Semella que se quixeran inventar un grande plan destinado á mocidade onde pretenden unificar as actuacións administrativas e onde é de supor que crearán un rexistro ao que o INEM e o resto de unidades da administración que teñan a ver coa mocidade poidan acceder a ter ese censo. Un trámite burocrático-administrativo.

O Plan presenta deficiencias importantes, xa que nin está previsto como se fará o seguimento e control deses cartos, nin facer unha avaliación dos resultados da súa aplicación. Coa pretendida unidade de mercado modifícase tamén a regulación das E.T.T. autorizándoas a todas, aínda que estiveran provisionais, sen límite de duración, ao tempo que se amplían as súas competencias en materia de formación para a cualificación profesional. No caso das Axencias de Colocación, ademais, estas xa non terán necesidade de autorización e valerá cunha simple declaración responsable.

Ante isto a CIG conclúe que eses 1.887 millóns de euros que a UE destina serán de novo sepultados polo PP e empregados en fomentar a explotación xuvenil e a emigración, favorecendo o enriquecemento das empresas que seguirán xestionando centos de miles de millóns de euros públicos. A CIG alerta ademais do posíbel deterioro que isto provocará nas arcas da Seguridade Social xa que non se explica como se van compensar os cartos que non terán que pagar as empresas neste concepto.

Alternativas da CIG

Fronte a isto, a central sindical entende que tanto o plan como os fondos destinados á mocidade deberían ser territorializadas e destinados a pór en marcha moitas das medidas que a CIG xa recolleu na ILP defendida no Parlamento de Galiza. Medidas nas que se incide na necesidade de incrementar o investimento público para favorecer a reactivación dos sectores económicos, nomeadamente o naval ou a automoción, entre outros, porque así si se favorecería un medre exponencial do emprego e da contratación da mocidade que evitaría a emigración.

Unha reactivación difícil de alcanzar ao non se variar as políticas de axuste que son, precisamente, o principal freo para o crecemento económico e a creación de emprego, que xunto a perda de poder adquisitivo impiden o incremento do consumo.

A CIG entende que é imprescindíbel que se poña en marcha un plan de reactivación económica que xere emprego e non un plan de emprego que só se quede en darlle realidade cada día a reforma laboral, porque "aquí non hai emprego porque non hai reactivación económica".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.