1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120714 cntfGaliza - CNT - Dende o Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol seguimos a denunciar públicamente a situación que se vive actualmente dentro da empresa do ramo da construción e madeira Moldugasa S.A.


Recordemos que foron despedidos tres traballadores, un deles afiliado á CNT, sen o preceptivo preaviso de 15 días, alegando a empresa unhas supostas causas obxectivas de despido por motivos económicos; de un día para outro estes traballadores quedaron na rúa e sen recibir a indemnización que lles corresponde.

Habendo interpostas dúas denuncias por reclamación de nóminas impagadas e por despido improcedente, mantívose unha reunión co xerente da empresa na que ofreceu o pago dunha cantidade ridícula, polo que o pasado venres convocouse a primeira concentración diante da empresa.

O pasado luns 7 de xullo tivo lugar a conciliación no SMAC (Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación), á que non se presentou representación algunha da empresa, polo que se recurrirá a vía xudicial, ademáis de ter convocada unha nova concentración ás portas da empresa para as 18:00 de hoxe, e todas as que sexan necesarias ata que a empresa pague os 33.133 euros que lle adebeda ao compañeiro.

Insistimos novamente na importancia do compromiso de loita dos traballadores da empresa despedidos e os que poidan selo proximamente, facendo un chamamento á solidariedade e non permitindo abusos coma este por parte dunha patronal sen vergoña, que, ademáis de non pagar o que lle pertence lexítima e legalmente aos seus traballadores, pretende que todos nós paguemos a súa debeda mediante o Fogasa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.