1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290614 classeGaliza - CIG - A protesta, de apoio ás traballadoras e traballadores condenados, enmárcase na campaña das tres centrais sindicais contra a ofensiva represora do PP.


Representantes sindicais de CCOO, UGT e CIG presentaron este venres na Fiscalía do TSXG escrito de autoinculpación, recoñecéndose como "indutores das folgas e manifestacións nas que participaron os traballadores e traballadoras condenadas". A acción enmárcase na campaña de mobilizacións que as tres centrais sindicais están a desenvolver baixo o lema "Defender os dereitos da clase traballadora non é delito", en rexeitamento á ofensiva opresora do PP e na demanda do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara, e que inclúe a manifestación celebrada onte en Pontevedra e a xornada de mobilizacións prevista para o luns 30 en todo o país.

Ás portas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Xesús Seixo, Secretario Xeral da CIG, aseveraba que estamos asistindo "a actuación da dereita en estado puro: por un lado recórtanse dereitos e aplícanse medidas encamiñadas a precarizar as condicións laborais e salariais, e ao mesmo tempo reprímense e recórtanse as liberdades públicas. Unha política con selo claro da dereita para favorecer os intereses das oligarquías financeiras".

A este respecto, advertiu da brutal ofensiva opresora do PP contra a clase traballadora "recortando as liberdades máis elementais" para satisfacer ás reivindicacións da patronal. "Aí está a petición de limitar o exercicio do dereito á folga", sinalou.

Neste contexto enmarcou as duras sentenzas que se están a ditar contra traballadoras e traballadores por teren participado en piquetes informativos durante unha folga. "Estas son as directrices do PP que, a través da Fiscalía e daqueles sectores da xudicatura que lle son ideoloxicamente máis próximos, practica esta política para amedrentar os traballadores e as traballadoras e que non saiamos á rúa para defender os nosos dereitos".

Seixo criticou a dobre vara de medir da xustiza "en función de quen sente no banco". "Os donos das grandes empresas, por norma, non sentan na bancada, aínda que os delitos económicos que están a cometer si teñen consecuencias sociais e económicas moi duras, na medida en que provocan un recorte profundo na calidade de vida da maioría social", denunciou.

Fronte a este ataque de clase, a resposta que temos dar, aseverou Seixo, é continuar na mobilización e demostrar "a esta dereita tan reaccionaria, que non imos renunciar aos nosos dereitos e a unhas liberdades públicas que custou moito conquistar".

Mobilizacións o luns 30 de xuño

Estas accións realizáronse previamente á xornada central de mobilizacións convocadas no marco da campaña contra a represión sindical e pola defensa das liberdades democráticas, que terá lugar o vindeiro luns, 30 de xuño, en todas as cidades galegas e nas principais vilas do País.

- A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h.

- Ferrol: manifestación dende a Praza de España ás 20.00 h.

- Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h.

- Ribeira: concentración na Praza do Concello ás 20.00 h.

- Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 20.00 h.

- Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h.

- Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h.

- Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h.

- Pontevedra: concentraciónna Praza da Peregrina ás 20.30 h.

- Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h.

- Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h.

Manifestación en Pontevedra

Máis de medio milleiro de persoas percorreron onte as principais rúas de Pontevedra en defensa do emprego na comarca e para rexeitar os últimos casos de repesión sindical e reclamar o indulto para os catro traballadores/as condenados/as a prisión por participaen nun piquete. A manifestación, convocada pola CIG, CCOO e UGT, desenvolveuse a última hora da tarde entre a Praza da Ferrería e a Subdelegación do Goberno español.

O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, lembrou ao remate da marcha que o vindeiro luns día 30 as tres centrais sindicais volverán mobilizarse -esta vez en todo o país- para denunciar a política represiva que está a aplicar o PP e para esixir o indulto para os catro compañeiros/as afectados/as. "Non é casual que se estean a producir este tipo de sentenzas inxustas e desproporcionadas, xa que a Fiscalía e a Xustiza están a seguir as directrices do Goberno españo para criminalizar a resposta social ás medidas antiobeiras que está a aplicar", indicou.

Pola súa banda, o secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Marcos Conde, explicou que outro dos eixos centrais da protesta é a defensa do emprego na comarca, "a defensa dos postos de traballo nas empresas que están a sofrer as consecuencias das políticas neoliberais que está a aplicar o PP e que afondan na precariedade das condicións laborais".

Ao remate da manifestación, unha vez diante da Subdelegación do Goberno español, deuse lectura ao seguinte comunicado conxunto:

O resultado das políticas neoliberais e de austericidio dos Gobernos do Partido Popular no Estado español e en Galicia seguen a dar os resultados pretendidos por quen decidiron aproveitar a crise económica para desmantelar o Estado do Benestar, recortar dereitos laborais básicos a quen teñen traballo precarizando as condicións de traballo, condenar a quen non tiñan emprego ou o perderon a permanecer na marxinación social e favorecer ás grandes empresas, corporacións e capitalistas para facelos máis fortes e máis ricos.

Mentres tanto en Galiza máis de 100 mil galegas e galegos tiveron que coller as maletas e emigrar como xa o fixeran os seus pais e avós. Hai case 300.000 galegos e galegas sen emprego, dos contratos novos só o 7% son indefinidos e destes o 60% o son a tempo parcial. Esta situación laboral amosa unha realidade, os traballadoras e traballadoras galegas so lles importamos coma man de obra barata para exportar polo mundo adiante.

Os datos do paro rexistrado, cos que os Gobernos do P.P. e o seu aparato de propaganda mediático, tratan de crear a ilusión de que estamos saíndo da crise, alónxanse cada día máis da realidade, e isto constátase cada trimestre coa publicación da Enquisa de Poboación Activa (EPA), elaborada polo Instituto Nacional de Estadística, coa grande diferencia real existente entre a EPA e o paro rexistrado, tanto no número como na taxa de desempregados.

Pero a terca realidade comprobámola no día a día, e na provincia e tamén na comarca de Pontevedra estamos a padecer os resultados destas políticas e da crise con maior intensidade co resto de Galicia, e aí están o número de ERE, de desempregados/as, de empresas en situación concursal... Proba palpable do que dicimos son os ERES extintivos das últimas semanas de CONSTRUCCIONES CRESPO, TAFISA, MONTAJES NOVARUE, ou o preconcurso de FACTORÍA NAVAL DE MARÍN, que se veñen a sumar ás ducias e ducias de empresas que pecharon na comarca de Pontevedra.

A iso súmanse decisións que toma a administración como a non reposición do emprego público, o que está a destruír miles de empregos na sanidade, no ensino, nas administracións, precarizando outros moitos e empeorando os servizos públicos para toda a poboación.

A Xunta de Galiza e o Goberno do Estado obedientes ás ordes ditadas por Europa en vez de atender a esta realidade, e cumprir coa súa obriga, que é defender ao pobo, defender os sectores produtivos de Galiza (o agro, a pesca, o naval), a industria galega e os proxectos industriais e atender as necesidades propias de Galiza e dos galegos, deciden atacar á clase traballadora con todas as súas forzas.

Fronte a esta gravísima situación non podemos permanecer resignados como si estivésemos soportando una maldición bíblica que nos obrigue a aguantar o chaparrón. Temos que protestar, temos que mobilizarnos contra ás políticas antiobreiras e antisociais do goberno Central e da Xunta de Galicia, porque é posible facer outras políticas que xeren o dereito máis básico para o conxunto da poboación, como é o dereito ao traballo, e porque teñen medios e recursos para camiñar nesta dirección.

Temos que mobilizarnos tamén contra a criminalización da protesta social e a ofensiva penal contra o dereito de folga, ordenadas politicamente dende o Partido Popular e da que determinados sectores da Audiencia Provincial e da Fiscalía son auténticos defensores, nunha acción coordinada e sen precedentes dende a transición democrática, arroupados nas políticas represivas do P.P. Ana, Tamara, Carlos e Serafín, para os que pedimos o indulto inmediato, son ás vítimas directas de esa ofensiva, aínda que os destinatarios da represión somos todos/as aquelas que exercemos o noso dereito democrático a mobilizarnos.

Dende a Subdelegación do Goberno estase a executar un plan represor dirixido a afogar a base de multas e sancións a todo o movemento social que nos atrevemos a denunciar a situación, dende os preferentistas a os emigrantes retornados, dende ás asociacións de veciños aos traballadores e traballadoras que defenden os seus dereitos.

As políticas antisociais do Partido Popular non cesan, dende o Goberno están a defender os intereses dos sectores privilexiados e agora pesentan unha Reforma Fiscal que aposta por un sistema tributario onde ganan peso os impostos indirectos (xa incrementaron o IVA) fronte aos directos, e onde non se recorta a diferencia entre as rendas do traballo, o capital e o patrimonio.Pero non contentos co anterior, fan que as indemnizacións por despido que estaban exentas de tributación agora pasen a facelo. É evidente que a este Goberno non lle chega con que os traballadores perdan o seu posto de traballo, non lle chega coa redución que xa fixeron das indemnizacións de despido coa Reforma Laboral, agora tamén van a ver mais reducida o súa indemnización.

Por todo isto, facemos un chamamento a clase traballadora e o pobo galego para resistir e rexeitar activamente ás políticas do P.P. que xeran precariedade, perda de dereitos laborais, recortes das políticas sociais, empobrecemento xeneralizado e inxustiza.Facemos tamén un chamamento para que a Xunta de Galiza asuma as súas competencias, de un xiro de 180 graos e defenda ás empresas e aos traballadores, que non permita o peche de máis empresas con beneficios e que inicie e apoie os proxectos industriais e defenda os nosos sectores produtivos.

En definitiva, que cumpra coa súa obriga de defender Galiza e a clase traballadora galega.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.