1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270614 gadoGaliza - SLG - Medio Rural porfía e deixará sen axudas para criar razas autóctonas de gando ao 80% das explotacións solicitantes.


No mes de febreiro de 2014, a Consellaría de Medio Rural publicaba a listaxe de explotacións beneficiadas polas axudas destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos. Daquela, denegáballe a subvención ao 85% das explotacións solicitantes (907 dun total de 1.067 solicitudes), xustificando a negativa para 681 explotacións (o 75% das que se quedaron sen a axuda) por "extinción de crédito" ou, o que é o mesmo, por recortes no orzamento previsto inicialmente.

Esta mesma semana, despois de consumarse o período de reclamacións, a Consellaría de Medio Rural vén de publicar a listaxe definitiva de explotacións beneficiarias sen que mudase moito o resultado final: o 80% das explotacións solicitantes (853) ficarán sen un euro e, delas, o 70% (628) non recibirán os apoios por esgotamento do crédito.

Cómpre non esquecer que esta convocatoria se fixo a finais de 2012 e tivo que ser suspendida pola propia Consellaría "debido a que na data do 28 de decembro de 2012 non constaba ningún ingreso efectivo polo dito concepto no Tesouro da Xunta de Galicia por parte do Ministerio de Agricultura". En xaneiro, o Ministerio ingresou os cartos, pero dos 350.000 euros con que se contaba inicialmente, houbo que conformarse con 237.872, segundo pon na orde do 11 de abril.
Estas axudas naceron no ano 2008 para apoiar a aquelas explotacións que apostan pola cría de gando de razas autóctonas durante un período de 5 anos; a cambio da subvención, as granxas beneficiarias tiñan que cumprir unha serie de requisitos ambientais e de benestar animal. As sucesivas convocatorias de cada ano só debían renovar o compromiso das explotacións con eses requisitos para poder cobrar. Sen embargo, os fortes recortes orzamentarios deixan agora ao meirande das explotacións que tiñan dereito a cobrar a axuda sen un céntimo por mor da falla de fondos para cubrir os compromisos. Cómpre lembrar que estas axudas beneficiaban, sobre todo, a familias gandeiras de zonas desfavorecidas de montaña en Lugo e Ourense que son o único motor económico de amplas bisbarras do noso rural que, sen esta actividade gandeira, estarían deshabitadas.
No contexto actual, no que os custes de produción de todas as actividades gandeiras están sometidos a unha alza imparable, e os prezos en orixe estancados ou á baixa, o meirande das explotacións dependen máis que nunca de axudas públicas coma estas para ter liquidez e uns ingresos suficientes para continuar coa súa actividade.

Por outra banda, moitas destas razas autóctonas, a pesares de estar mellor adaptadas ao noso clima e orografía, non dan o mesmo rendemento económico final que outras foráneas, polo que a súa cría sen apoios públicos faise moi difícil. De feito, xa son moitas as explotacións que volven optar por razas foráneas como a Blonde de Aquitania ou a Limousin, consumándose así o fracaso das políticas de recuperación de razas autóctonas da Xunta.
Dende o SLG condenamos este novo recorte que afonda nas agresións que está a sufrir un dos nosos sectores agrogandeiros máis vulnerables e as formas en que se fixo. Supón un desprezo e unha burla para todo un sector que se convoquen unhas axudas, se obrigue a centos de explotacións a realizar todos os trámites e gastos necesarios para presentarse a elas e, tras anular e volver recomezar o proceso a comezos de 2013, se deixe fóra ao meirande das solicitantes por falla de fondos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.