1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260614 urbaserGaliza - CIG - Ten que ser ratificada en consulta ás traballadoras e traballadores.


O Comité de Empresa de Urbaser de Compostela, reunido en xuntanza extraordinaria polos despedimentos dos compañeiros de Lugo, valorará a posibilidade dunha convocatoria de greve indefinida nas próximas datas, por mor das negociacións do seu convenio e en solidariedade coa loita dos compañeiros de Lugo, unha vez sexa ratificada en consulta aos traballadores e traballadoras.

En Compostela tamén se está a negociar o convenio colectivo, e ao igual que en Lugo, "a empresa o único que pretende é recortar dereitos para aumentar os seus beneficios a conta do persoal e a conta da cidadanía de Compostela" denuncia o secretario comarcal da CIG-Servizos de Compostela, Roberto Alonso.

A isto engade que, porén, "séguese a pagar o mesmo á contrata do Concello", que non tivo redución de ningún tipo e "séguese a cobrar o mesmo ás veciñas e veciños de Compostela" que tampouco viron reducidos, nin os seus impostos, nin as facturas a pagar.

Alonso lembra que en Compostela tamén hai dous compañeiros que foron despedidos e que a empresa non quere readmitir.

O Comité ten claro que o que acontece en Lugo é unha mostra da actitude de Urbaser, que pretende amedrentar a todas e todos os traballadores do grupo e nomeadamente aos de Compostela que, no proceso de negociación do convenio, estanse negando a asumir os recortes de dereitos que pretende impor a empresa e poderían ser os seguintes en convocar greve.

O Comité denuncia que a empresa está vulnerando claramente o dereito de greve e asegura que malia a súa actitude, non vai conseguir intimidalos. "Todo o contrario, obríganos a dar un paso adiante na defensa dos nosos dereitos". A isto engaden que o persoal de Compostela mesmo está preparado para afrontar os despedimentos que se puideran producir en represalia ás súas demandas.

Xunto a isto lamentan que, máis unha vez, sexan os e as cidadás quen teñan que "padecer esta loita pola avaricia duns poucos, nomeadamente Florentino Pérez, presidente do Grupo".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.