1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

monbusGaliza - CNT - Desde a CNT facemonos eco da problemática que moitos compas que se desprazan no bus de funcionarios manteñen coa compañia Monbus:


A diario, un grupo moi numeroso de traballador@s desprazámonos dende os nosos lugares de residencia, espallados por toda a xeografía galega, ao noso posto de traballo en Santiago de Compostela, utilizando as liñas de transporte de viaxeiros da empresa Castromil, S.A.

Estas liñas de transporte estaban, ata o 31 de decembro de 2011, subvencionadas a través do convenio de colaboración asinado o 26 de abril de 2011 entre a Xunta de Galicia e Castromil, S.A, existindo, polo tanto, dous tipos de tarifas bonificadas de carácter mensual:

Bonos verdes – De custe parcialmente subvencionado pola Xunta de Galicia para o persoal funcionario e laboral dos seus servizos centrais.

Bonos vermellos – De custe aboado na súa totalidade polo resto d@s traballador@s non incluíd@s na categoría anterior.

Na actualidade, case tres anos despois da extinción do convenio, Castromil, S.A. de forma inxustificada e discriminatoria segue a aplicarlles estes dous tipos de tarifas aos usuarios, a pesar das numerosas reclamacións recibidas de moitos de nós solicitando información sobre as tarifas bonificadas do seu servizo e os criterios de aplicación.

Esta situación discriminatoria e a falla de resposta por parte de Castromil, S.A. nos diferentes intentos dunha solución amistosa e extraxudicial, foi denunciada por un gran número de afectados ante a Dirección Xeral de Mobilidade e a Xunta Arbitral de Transportes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Valedor do Pobo e incluso ante a Fiscalía Provincial da Coruña.

A Xunta Arbitral de Transportes, nestes momentos, está estimando as reclamacións presentadas recoñecendo que Castromil, S.A. está actuando de forma discriminatoria e contraria ao ordenamento xurídico e obrigando á empresa a reintegrarlles aos reclamantes todos aqueles prexuízos que se lles irrogaron por discriminación respecto dos usuarios que si gozaron da tarifa máis económica.

A pesar de todo o camiño percorrido e dos logros obtidos, Castromil continúa coas mesmas prácticas discriminatorias e ilegais e nós, como afectados, continuamos esperando a que a administración competente en materia de autorizacións e concesións de liñas de transporte regular permanente de viaxeiros de uso xeral (Subdireccións Xerais de Ordenación do Transporte e da Inspección do Transporte) inicie as dilixencias pertinentes que corrixan esta ilegalidade manifesta, e rectifique unha desigualdade flagrante que trae como consecuencia unha discriminación retributiva inxustificada entre traballador@s de similares características, posto que pode considerarse o gasto de transporte periódico e obrigatorio como unha minoración forzosa do salario que non se sostén xuridicamente ante a extinción do Convenio de 26 de abril de 2011 antes citado.

Sendo esta a opinión dos afectados/as, desde CNT facémonos eco e propoñemos buscar solucións conxuntas sen que se creen máis perxuizos aos traballadores/as.

Qué está na túa man para cambiar esta situación?

1. RECLAMACIÓN ECONÓMICA:

Diante da Xunta Arbitral de Transportes poderás recuperar entre 50 – 115 € mensuais de sobrecusto que aplica Castromil, S.A. ás persoas que usan o transporte (diferenza entre bonos verdes e vermellos).

Para eso haberá que presentar unha reclamación cumprimentando o formulario que aparece na web da Xunta Arbitral de Transportes, no portal da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras: http://www.cmati.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=45903&name=DLFE-21114.pdf

Hai que facer fincapé nas infraccións que comete a empresa: Lei 16/1987 de Ordenación de Transportes Terrestres, Real Decreto 1211/1990, que desenvolve o Regulamento da lei anterior, Orde do 6 de marzo de 2008, pola que se regula oa revisión das tarifas de servizos públicos regulares permanentes de transporte de viaxeiros de uso xeral por estradas e de estacións de autobuses, de competencia da Xunta de Galicia, e tamén da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.

Indicar se non tedes tickets que argumenten a situación, que como elementos de proba a Xunta solicite a Castromil, S.A. os prezos unitarios satisfeitos e as diferenzas cos bonos verdes.

Se utilizades o vehículo propio, facelo constar para que vos abonen o desprazamento.

2. RECLAMACIÓN EN VÍA ADMINISTRATIVA

A Xunta ten potestade para autorizar as tarifas e liñas de transporte. A empresa Castromil, S.A. infrinxe a lexislación en materia de transporte. É posible reclamar á administración para que exerza a súa competencia.

- Mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Mobilidade, Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Praza Europa 5A, 2º andar, Área Central – Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela.

Facer fincapé nos incumprimentos lexislativos e solicitar que se incoe o expediente para realizar as dilixencias de inspección do órgano competente na autorización, ordenación e inspección do transporte terrestre competencia da Xunta de Galicia.

- Mediante Reclamación en Ventanilla.- despois de solicitar información sobre os criterios aplicados, e as tarifas bonificadas existentes nas liñas das que sodes usuarios, poderedes pedir o libro de reclamacións e facer constar as violacións das leis que padeceis. Esta reclamación irá á Xefatura Territorial de Mobilidade.

3. RECLAMACIÓN DIANTE DO VALEDOR DO POBO

Por constituir un delito contra os dereitos fundamentais, por discriminación ao aplicar tarifas sen fundamentos obxectivos, o Valedor do pobo está atendendo as denuncias de trato discriminatorio e inhibición da administración competente, que ten coñecemento desta situación dende xullo do 2014.

Poderedes presentar a vosa queixa por internet: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64

COMPAÑEIROS DE LIÑA NA TÚA MESMA SITUACIÓN TE AXUDARÁN EN CALQUERA DESTES TRÁMITES.

Sendo esta a opinión dos afectados/as, desde CNT propoñemos a tod@s os compas que se desprazan en bus buscar solucións conxuntas sen que se creen máis perxuizos aos traballadores/as para o que vos ofrecemos a posibilidade de facer unha reunión para poñer en común esta problemática e ver posibles vias de solución.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.