1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

060514 obrasGaliza - CIG - O desemprego baixou em 6319 persoas em abril, a maior parte no setor serviços, o que demonstra a estacionalidade do emprego.


Galiza rematou o mes de abril cun total de 270.144 persoas en paro, o que representa un descenso de 6319 con respecto ao mes anterior. A maior baixada produciuse no sector servizos, o que apunta á estacionalidade do emprego, tal e como sucede ano tras ano cun reponte da contratación durante a Semana Santa e na ponte de maio. Proba disto é que máis do 90% dos contratos subscritos neste período foron temporais.

Aínda que os datos do paro rexistrado amosan un leve descenso en todos os sectores, o de servizos concentra a maior baixada, cun total de 4144 persoas (un 2,78% menos). A continuación sitúase a construción, con 1227 persoas (3,08% menos) e a industria, con 477 persoas menos no paro (-1,25%).

No conxunto do Estado español o comportamento foi moi similar, rexistrándose o maior descenso tamén no sector servizos (-2,78%), construción (-1,78%) e industria (-1,65%).

Proba da estacionalidade do emprego é que a porcentaxe de contratos indefinidos que se rexistraron neste período foi unicamente do 9,8% a pesar de que durante todo o mes estivo en vigor a chamada 'tarifa plana'. Tan só 3898 dos 57.854 contratos subscritos en abril foron indefinidos ordinarios, mentres que no mes anterior foran 2971.

Outro dato preocupante é o da taxa de cobertura, xa que só o 53% dos desempregados/as ingresan algún tipo de prestación. Destes, só o 25% conta cunha prestación contributiva.

Por outra banda, a afiliación á Seguridade Social incrementouse en Galiza en 3445 persoas con respecto a marzo. A diferenza con respecto á baixada do paro rexistrado (6319 persoas) podería explicarse ben polo desencanto dos demandantes cos servizos públicos de colocación ben pola emigración en busca dunha oportunidade laboral.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.