1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240414 precaGaliza - CIG - Este xoves celebrarase o xuízo unha vez aceptada a demanda das empresas de traballo temporal contra as organizacións sindicais e patronais asinantes do documento.


Este xoves celébrase no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza na Coruña o xuízo no que a Asociación de Empresas de Traballo Temporal (FEDETT) reclama a impugnación do convenio provincial do Metal de Pontevedra e a nulidade do seu artigo 10, no que se limita a contratación mediante ETT. A CIG, CCOO e UGT denuncian que a demanda presentada contra os asinantes do documento -os sindicatos españois e as organizacións patronais- ten como obxectivo precarizar as condicións laborais e entrar no sector naval.

Os responsábeis do Metal das tres centrais compareceron esta mañá en rolda de prensa en Vigo para rexeitar a decisión das ETT e anunciar que na sesión deste xoves no TSXG "defenderemos a estabilidade no emprego e a garantía de que todos os traballadores/as do sector teñan os mesmos dereitos laborais".

Explicaron que a demanda contra os asinantes do convenio -UGT, CCOO e as patronais Asime, Atra e Instalectra- foi admitida a trámite polo TSXG o pasado 4 de abril, fixándose a celebración do xuízo para este xoves, tan só 20 días despois, o que fai que reclamen "a mesma celeridade cando os que demandan son traballadores/as que reclaman salarios ou indemnizacións, xa que nestes casos a espera acostuma ser de dous anos".

En canto ao contido da impugnación, indican que as ETT pretenden anular o artigo 10 do convenio no que se establece que "As empresas afectadas por este convenio non poderán contratar os servizos das ETT excluíndo os supostos de substitución de IT, vacacións e licencias. En calquera caso informarase os representantes legais dos traballadores/as desta situación".

Segundo censuran as organizacións sindicais, atacar este punto do convenio significa rachar co equilibrio pretendido polos negociadores/as no referente á contratación, para o que se introduciron, entre outros aspectos, unha taxa mínima de emprego indefinido (50%) e a regulación do pluriemprego.

Outra das cuestións que recolle a demanda é a suposta falta de lexitimidade dos negociadores/as, ante o que os sindicatos lembran que o convenio foi ratificado en novembro de 2013 tanto polos representantes dos traballadores/as como polas organizacións empresariais. "En todo este tempo non dixeron nada, até que se comezou a falar de que o naval podería crear 5000 empregos, entón foi cando viron o negocio".

Tamén amosan o seu malestar porque "sendo conscientes de que as organizacións demandantes actúan tamén a petición das empresas do sector, lamentamos que non tivesen achegado queixa ou proposta algunha sobre este tema, máis ala dunha consulta xenérica á comisión paritaria dunha asesoría laboral".

Mobilizacións

Por outra banda, as organizacións sindicais rexeitaron que a competividade do sector, nomeadamente do naval, se logre precarizando as condicións salariais e sociais dos traballadores/as xa que, segundo lembraron, "o valor engadido da industria naval galega é precisamente a alta cualificación dos seus empregados/as". Polo tanto, a introdución de altas taxas de temporalidade levaría consigo unha perda desta preparación, o que se traduciría na desaparición dun sector que atravesa unha grave crise dende hai anos.

Diante disto, anuncian que non permitirán a entrada das ETT e que seguirán a defender a estabilidade no emprego e nas condicións laborais, "para o que non descartamos nada, incluíndo mobilizacións".

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.