1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220414 0002-cartel-2014Galiza - CUT - Assistimos e sofremos, já nom com tanto silêncio, tempos convulsos para a classe trabalhadora: o mundo financeiro governa com a sua fulminante mao de ferro manchada de sangue obreiro e nós estamos a pagar bem caro a Restauraçom Bourbónica, o pacto social e a traiçom sindical.


 

Cando os bancos moven números, a xente perde as súas casas, as súas aulas, os seus remédios, o sustento, a saúde... o seu traballo. Cando a igrexa predica, agocha pedófilos, sequestra úteros e ventres, e pratica unha caza às bruxas sen piedade suliñando o chamado “pánico moral”.Cando o estado lexisla, o polícia tira da súa forza máis brutal sancionando e reprimindo aos máis débiles, os cárceres atéiganse cada día máis e os nosos dereitos, conquistados a base de suor e morte, son liquidados a golpe de decreto e concertación.

Mais, aínda que semellen discursos diferentes, todos falan a mesma linguaxe: neoliberalismo no económico e fascismo no político. Son os intereses dun puñado de burgueses os que crian a miseria das sen pan; os xogos duns poucos oligarcas son os que instauran a fame dos sen terra; as risas dos capitalistas contra a desesperación das ninguén.

E a classe obreira debe resistir. A clase traballadora temos que sumar para defendernos. Somos máis, somos maioría. A nosa obriga é loitar e combater, ser xenerosos entre nós, e vencer o medo, mantendo unha movilización permanente e sostida no tempo.

Onte, coma hoxe, as traballadoras e traballadores de todo o mundo, e da Galiza en particular, voltamos saír á rúa neste Primeiro de Maio sumando forzas, nunha unión do sindicalismo alternativo, de clase e combativo, amosando que as clases populares non nos resignamos á farsa das corporacións sindicais que deron vida ós Pactos da Moncloa. A unidade obreira e popular é imprescindible para facerlle fronte a conxuntura que sofrimos. Chegamos a un punto en que só temos dúas saídas; ou a conquista da xustiza social ou barbarie.

O Primero de Maio non é unha festa. Non é unha efemérides calquera para lavar a cara e xustificar a traizón e a ineficacia sindical. Este Primeiro de Maio é o berro de dor e dignidade das explotadas e explotados; é un acto de Memoria Histórica das traballadoras e traballadores conconciencia de clase.

Polo reparto do traballo e da riqueza:

. Redución da xornada laboral, sen redución de salario.

. A igual traballo igual salario.

. Prohibición das horas extras, destaxos e pluriemprego.

. Adianto da idade de xubilación.

. Participación dos traballadores dentro da empresa: dereito á negociación dos traballadores en asembleas e seccións sindicais.

. Eliminación da polivalencia e mobilidades funcional e xeográfica.

. Prohibición das ETTs

. Potenciación das economías locais e creación de redes de economía social alternativa e autoxestionada para a planificación social deste desenvolvemento territorial.

. Eliminación da actual lexislación laboral herdada das distintas Reformas laborais.

VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!

(MANIFESTO UNITARIO DO SINDICALISMO ALTERNATIVO E DE CLASE)

O horario das manifestacións é o seguinte:

VIGO 11,00 HS. PRAÇA FDO O CATÓLICO

CANGAS 17,30 HS. ALAMEDA

COMPOSTELA 12,30 HS. PORTA DO CAMINHO

A CORUÑA 12,30 HS. PZA PONTEVEDRA

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.