1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

180414 pizzaGaliza - CNT - Enfrontámonos contra unha multinacional que, cos seus miles de millóns de euros anuais de beneficios, non dubida en empregar burdas artimañas para despedir aos traballadores sen ter que pagarlles a indemnización.


Pero esta vez deron cun óso duro de roer, porque a CNT non cala e responde coa acción.

Informabamos xa aí atrás do despedimento dun compañeiro: 9 anos de suor e bágoas, aturando carros e carretas nunha empresa que non dubida en presionar e acosar psicoloxicamente aos seus empregados para que se vaian voluntariamente e non ter que gastar a súa calderilla nos despedimentos. Pero, nesta ocasión, a cousa resultoulles máis difícil e tiveron que inventar un sucio roubo duns 35 míseros euros para poder despedir ao noso compañeiro.

E, cousas da vida!, a empresa deu coa CNT: xa levamos unhas cantas concentracións onde berramos e molestamos; con máis dun millar de panfletos repartidos, e, sobre todo, e quizais o máis importante, informando a veciños e usuarios do establecemento das malas práticas laborais de Domino's que, a pesares de ser casi habitual nas súas rutinas de papeo, pouco a pouco van perdendo clientes, xente que deixa de consumir aí para solidarizarse co traballador: porque isto lle pode pasar a calquera!!!

Aínda que, tristemente, os seus traballadores non o entenden igual: toda unha plantilla que, sen comisións nin salarios extra, e sufrindo as mesmas pésimas condicións laborais que o compañeiro despedido, saíu a increparnos de malas maneiras en defensa da empresa e, como non, a desprestixiar ao noso compañeiro... quizais ao seu cabreo axudou que a policía non puidese desaloxarnos!!

Esta mañá celébrase o acto de conciliación onde o Domino's, ademais de ser multinacional, é covarde: envía a un dos seus empregados cun poder notarial a representala!! Para que van gastar outro tipo de recursos puidendo utilizar aos seus propios explotados?

Pois que o Domino's se prepare, que a CNT continúa na loita ata que a empresa recoñeza a súa mentira e readmita ao compañeiro despedido.

Porque o Domino's pisa, acosa e despide,
Acción directa e solidariedade!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.