Esta débeda consiste na indemnización polo despedimento tras o feche non xustificado da empresa e os salarios correspondentes aos meses de Xullo, Agosto e Setembro.
Por volta dunha hora e ate acabar os panfletos que levaban, o piquete de anarco-sindicalista informou á veciñanza da Estrada das prácticas anti-obreiras desta empresa, recibindo unha importante adesión popular.
Desde a CNT continuaremos coas protestas e as accións sindicais que consideremos convenientes, independentemente das ameazas da empresa e dos corpos represivos, até conseguir que as débedas co noso compañeiro se vexan satisfeitas.