1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

040414 dominosGaliza - CNT - O pasado 12 de marzo Domino's Pizza (vellos coñecidos da CNT e a AIT), empresa pertencente no Estado español ao Grupo Zena (líder do sector de comida lixo con empresas coma Burger King, Foster's Hollywood...) despedía sen máis, mediante un burofax, a Emilio, compañeiro de CNT-AIT Vigo, despois de 9 anos traballando para estes explotadores no local que teñen na Praza da Independencia en Vigo, acusándoo do roubo de 35€, obviamente falso, só para non ter que pagarlle a indemnización, téndoo presionado antes para que se fose de xeito voluntario, como (que casualidade!) fixeron co traballador que desempeñaba a súa mesma función no turno de mañá presionándoo para que marchase da empresa sen ningún tipo de indemnización, cousa que agora si ocorreu neste caso.


A CNT non vai consentir en ningún caso nin o despedimento disciplinario por algo que urdíu a propia empresa, nin a falta á honra dun compañeiro que xamais tivo unha infracción e só loitou para que se respetase o convenio nesta empresa na que a tónica é o amedrantamento, a explotación e a violencia, como ben coñecen os compañeiros de Gijón.

A CNT non vai parar ata acadar a readmisión do noso compañeiro, porque, se nos tocan a un/ha, nos tocan a tod@s. Solicitamos o apoio solidario a todo os sindicatos da Organización que poidan estar interesados no conflito que se concentren, como estamos a facer en Vigo, nos locais de Domino's máis achegados ás súas localidades e/ou outros que pertenzan ao Grupo Zena, coma Burger King, Foster's Hollywood, Cañas y Tapas... Tamén facemos un chamamento a@s/ás consumidor@s para que non consuman produtos do Grupo Zena, non só porque a súa saúde llelo agradecerá, senón porque esta é a práctica habitual dunha corporación cuns beneficios astronómicos e unhas condicións laborais e salariais paupérrimas.

Agradecendo de antemán o voso apoio e solidaridade.

Acción directa e apoio mutuo!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.