1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

010414 tlmktGaliza - CGT - A Sección Sindicais da CGT da Coruña en Extel e Atento están a impulsar e traballar en novas mobilizacións e accións de loita dos traballadores e traballadoras do telemarketing.


Tanto Movistar como as súas contratas Extel e Atento, seguen sen atender as xustas reivindicacións dos traballadores e traballadoras que levan realizados xa tres paros dunha hora por quenda no primeiro trimestre do ano. Por iso, os comités de empresa de Extel e Atento na Coruña teñen decidido intensificar a loita e trasladar as nosas protestas máis alá de cada centro de traballo.

Movistar está dedicando moito esforzo publicitario en vender a imaxe dun traballador sorrinte, próximo e satisfeito do seu traballo para facer énfase nas bondades, calidade e satisfacción dos servizos de atención ao cliente. Pero a realidade laboral é ben distinta: despidos e sancións inxustos e miserables, cambios caprichosos e constantes de horarios; falta de formación, acoso diario, insalubridade e estado deficiente das instalacións, ... En xeral, ameazas desprezables co ánimo de sementar o medo que provoque a submisión absoluta: calar e obedecer.

Por iso, os traballadores de Extel e Atento están convocados o vindeiro 7 de abril, a secundar un paro de dúas horas por quenda, de 11 a 13 e de 18 a 20 horas. Ese día de paros se celebrarán manifestacións, ás 11 e ás 18 horas, que partirán de cada centro de traballo para se xuntar diante da sé central de Telefónica (na rúa do marqués de Amboage, zona Catro Camiños). os compañeiros de Extel e Atento sairemos en manifestación, cada un dende o seu centro de traballo, para xuntarnos en perfecta Fusión diante do edificio de Movistar da rúa Marqués de Amboage (zona Cuatro Caminos. Como xa sucedeu no paro do pasado día 7 de marzo, todos os centros de traballo de Atento e Extel en España están convocados a secundar os paros. O Comité de Empresa de Telefónica na Coruña ten aprobado unha resolución na que amosan o seu apoio solidario aos paros convocados en Atento e Extel.

Previamente, os traballadores e traballadoras de estas empresas subcontratadas de Movistar, realizarán concentracións conxuntas en protesta pola situación laboral que están a padecer. Terán lugar diante da tenda de Movistar da praza de Pontevedra, o martes 1 de abril, ás 12:00 horas, e o xoves 3 de abril ás 19:00 horas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.