1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

fecho composGaliza - CIG - Logo de 40 anos aberta, ás dez da noite deste martes facíase efectivo o peche da cafetería da Estación de Autobuses de Santiago de Compostela. A esa mesma hora iniciábase un peche de representantes da CIG-Servizos e persoal da cafetería no seu interior.


Foto e vídeo: CIG

Logo de pasar a noite nas instalacións, os traballadores seguiron atendendo con normalidade á clientela desde primeira hora desta mañá. Prevén manter esta situación de forma indefinida, cando menos até que se lles dea unha solución.

A cafetería da Estación de Autobuses de Santiago, explotada en réxime de concesión por Santiago Dos, depende da empresa municipal TUSSA. No novo concurso, Tussa estabelecía como requisito que a empresa que levara a concesión, por un período de 8 anos, asumira unha obra de mellora das instalacións que ascendería a 150.000 euros.

Segundo explica Roberto Alonso, secretario comarcal da CIG-Servizos, só concorreu unha empresa, que renunciou á concesión antes de que se fixera efectiva, por mor dos elevados custos da obra e o curto período de concesión -8 anos- que podería dificultar a recuperación do investimento realizado.

Ante isto, a actual empresa tiña que botar o peche á cafetería ás dez da noite deste martes. Porén, a esa mesma hora os traballadores e representantes de CIG-Servizos tomaron as instalacións coa intención de permanecer no interior do estabelecemento de forma indefinida para reclamar a inmediata convocatoria dun novo concurso; a prórroga, entre mentres, da actual concesión e que se garantan os postos de traballo.

A primeira hora da mañá comezaban -con toda a normalidade posíbel dadas as circunstancias- a atender á clientela que, cargada con maletas, agardaba a saída do seu autobús tomando un café.

José Villar, un dos traballadores, explica que os 6 traballadores están nunha especie de limbo. “Non fomos despedidos e nin a empresa nin Tussa nos din que vai pasar con nós”.

Alonso responsabiliza desta situación ao concello. Denuncia a súa nula capacidade para xestionar en materia laboral e de servizos e denuncia, sobre todo, a súa irresponsabilidade en materia de política turística. “Compostela é a capital de Galiza e punto de culminación do camiño de Santiago. Ten unha grande dependencia económica do turismo e a Estación de Autobuses é un dos puntos de entrada e saída de visitantes e estudantes. A cafetería, se ben non é un servizo esencial para a cidade, si é fundamental para a imaxe que se dá canto a dotación de servizos para as/os turistas que entran e saen por esta porta da cidade”.

 O secretario comarcal de CIG-Servizos tampouco entende esta decisión tendo en conta que supón “renunciar a recibir uns ingresos fixos mensuais, ademais da perda de 6 postos de traballo”, afirma.

Ante esta situación, a CIG-Servizos demanda a convocatoria dun novo concurso e a continuidade ou prórroga da actual concesionaria mentres este non se resolva, garantindo os postos de traballo e o servizo que dá a cafetería.

 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.