1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

110214 trasancosGaliza - CIG - A Xunta insiste na propaganda sobre o flotel, malia as alarmantes cifras de desemprego de Ferrolterra.


Núñez Feijoo realizou unha visita á cidade, mais obviou encontrarse coas organizacións sindicais ou o Comité de Navantia.

A visita do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o pasado venres a Ferrol –xunto con representantes de Pemex- é considerada polos voceiros comarcais da CIG como un acto puramente propagandístico e cualifican de "tremendamente insultante" que o máximo responsábel do Goberno galego "pretenda vender aos/ás ferrolterráns/ás un flotel" como solución á gravísima crise da comarca.

Manel Grandal e Xesús López Pintos denuncian que, diante da dramática situación socio-laboral que padece a comarca, Núñez Feijoo pase por Ferrol "ás agochadas e escapando" da cidadanía, sen sequera querer conceder ás organizacións sindicais a reunión solicitada hai meses –logo da exitosa xornada de folga comarcal- e sen manter un encontro co Comité de empresa de Navantia, para explicar as xestións da Xunta co naval.

A este respecto, apuntan que a falta de diálogo do PP e o desinterese de Núñez Feijoo por se reunir coas centrais sindicais débese a ausencia de informacións favorábeis sobre as múltiples e reiteradas promesas incumpridas coa comarca. "Temía o Sr. Feijóo que se lle preguntara polo dique, polo proxecto de reparacións? Que medidas pensa poñer en marcha a Xunta de Galiza para paliar a situación de emerxencia social que padece Ferrolterra? Que nos diga cal é o famoso contrato con Ferrol que nos anunciou por todo o alto en campaña electoral?".

Petición de dimisión

Para Grandal e Pintos a actitude amosada o pasado venres polo Presidente da Xunta responde a imposibilidade de continuar adiante co engano sobre o flotel como solución para a crise do naval. "A cidadanía de Ferrolterra xa non comunga con rodas de muíño, toda Ferrolterra sabe que o flotel non dá carga de traballo máis que para unha media de 300 persoas o cal, sendo ben recibido, non atalla para nada a desfeita do sector", aseveran nun comunicado.

Ao tempo, lamentan que dende o PP teimen en insistir na existencia dun contrato para coa petroleira mexicana. "Se é certo, porque tivo a Navantia nesta agonía?", pregúntanse. Fronte as aseveracións de Feijoo, os responsábeis da Unión Comarcal da CIG reiteran que foi a presión cidadá e o bo facer dos traballadores/as do naval quen propiciaron que Navantia conseguira o concurso internacional.

En calquera caso, subliñan os sindicalistas, "é obriga do Sr. Feijoo, como Presidente da Xunta, pular por ese contrato. O esperpéntico sería que non fixera nada, como tamén é esperpéntico vivir da autocomplacencia e da autopropaganda, porque de propaganda non come a xente", denuncian.

"Un Presidente que actúa así, fuxindo, tendo medo de escoitar a cidadanía, é porque se sinte culpábel e incapaz, e por iso o honrado sería, e así o esiximos dende a CIG, dimitir", conclúen Grandal e Pintos.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.