1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

060913 limpezaGaliza - CIG - O comité da limpeza do hospital Xeral de Vigo convocará greve indefinida após o anuncio de Clece de aplicar o convenio provincial.


As traballadoras/es seguirán coas mobilizacións diarias para rexeitar unha decisión que suporá unha importante perda de dereitos laborais.

Empregadas/os da concesionaria do servizo de limpeza do hospital Xeral-Cíes de Vigo aprobaron hoxe de xeito maioritario a convocatoria de greve indefinida no caso de que Clece, que vén de gañar o concurso tras 24 anos a cargo de Limpiezas Faro, non dea marcha atrás na súa intención da aplicar o convenio provincial. Ao mesmo tempo, decidiron manter as mobilizacións que desenvolven todos os días no centro médico en horario de mañá e tarde.

Os representantes sindicais convocaron este mediodía aos empregados e empregadas para trasladarlles o anuncio da concesionaria acollerse ao artigo 41 da reforma laboral de modificación substancial das condicións de traballo e aplicar o convenio provincial de Limpeza de Edificios Locais no caso de que non aceptasen asinar un convenio de empresa con vixencia a partir do 1 de xaneiro de 2014.

A proposta de Clece inclúe a eliminación dos pluses de vacacións, incapacidade temporal e IPC, así como dos nove días moscosos.

Ante a negativa da parte social a empresa opta entón pola aplicación do convenio provincial, que supón perder a equiparación co grupo D do Sergas (celadores/as, pinches, auxiliares de enfermería...) e tradúcese nunha rebaixa salarial e no empeoramento das condicións laborais.

Na asemblea celebrada no centro médico vigués, ademais da convocatoria de greve que se concretará no caso de que non se produzan avances na xuntanza deste martes coa empresa, as operarias/os tamén acordaron manter as protestas que desenvolven a diario de 10.00 a 10.30 e de 18.00 a 18.30 no hospital Xeral, así como non acudir á asemblea convocada pola dirección de Clece.

Finalmente, dende a CIG-Servizos de Vigo amosaron a súa preocupación pola atitude da empresa e agardan que outras concesionarias públicas, tanto do sector da limpeza como da seguridade, non opten por descolgarse dos convenios propios e aplicar os provinciais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.