1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030713 cig greveGaliza - CIG - A central sindical rexeita a valoración positiva presentada polo goberno e reclama a súa derrogación.


Fronte ás afirmacións da Ministra de Emprego, Fátima Báñez, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, de que a reforma laboral conseguiu reducir o incremento do paro e de que se está a cumprir o seu obxectivo inicial, a CIG denuncia que só serviu para precarizar o mercado laboral e proporcionar man de obra barata á patronal. Após ano e medio da súa entrada en vigor, a central sindical entende que esta reforma non só non axudou á creación de emprego, senón que, pola contra, provocou un aumento dos despedimentos por causas obxectivas; facilitou que se cambiase o traballo fixo por temporal; fixo diminuír os salarios; supuxo un ataque sen precedentes á negociación colectiva e, polo tanto, mudou traballo con dereitos por outro en precario.

A CIG denuncia que pese a que o goberno enmarcou a reforma laboral dentro dun conxunto de medidas postas en marcha como suposta reacción á crise, o que supuxo foi un durísimo ataque ás condicións de vida da clase traballadora, un escoramento do estado aos intereses do capital, un ataque frontal ao traballo, e un recorte nos salarios das traballadoras e dos traballadores.

Así, tal e como amosan os datos da Enquisa Anual de Custe Laboral publicada polo INE, o custo neto total por traballador/a baixou preto dun 3,3% en Galiza (caendo até os 26.506,63€), mentres que no conxunto do estado español caeu un 0,7€% (30.667,43€).

A reforma laboral non só non puxo freo aos despedimentos, senón que supuxo un aumento de máis do dobre dos ERES aprobados no ano 2011, unha maior flexibilidade da regulación laboral, a favor da empresa, ampliando o poder discrecional da patronal na xestión e os tempos de traballo, ao tempo que debilitou a negociación colectiva.

Supuxo sacrificar o dereito da conciliación da vida laboral coa familiar, ao facilitar ao máximo a flexibilidade da xornada en interese da empresa. Permitiu o recurso ás horas extraordinarias no tipo de contrato a tempo parcial, dándolle carta branca ao empresariado para que fixe e distribúa a xornada, dándolle prioridade a un tipo de contrato precario como instrumento de creación de emprego (iso si de baixo custe) en detrimento da visión deste contrato como unha fórmula para facilitar a conciliación.

A reforma laboral acometeu un ataque sen precedentes a un dereito que até o de agora tiñan en exclusiva as traballadoras e os traballadores, respecto da redución da xornada para atender ao coidado das crianzas a cargo, á hora de poder adaptar o seu horario de traballo ás súas circunstancias persoais e familiares.

Puxo en risco o permiso de lactación, ao introducir a posibilidade de que os convenios ou razóns produtivas ou organizativas limiten o dereito a poder desfrutar do permiso de forma acumulada á baixa de maternidade.

A reforma supuxo a diminución do custe do despido procedente, e con isto, que moitos traballadores e traballadoras foran botados á rúa, logo de estar toda a vida traballando, cunha indemnización de tan só 20 días por ano traballado, o cal condicionará non só a remuneración do seu despedimento, senón tamén a súa futura xubilación, dado que moitos e moitas traballadoras de 50 anos, non van poder acceder á xubilación contributiva, por non ter a idade suficiente, e non van poder retornar ao mercado laboral, por razóns de idade.

O contrato de emprendedores/as laudeado polo goberno empregouse para cambiar traballadores e traballadoras maiores por mozos e mozas, e a indefinidos/as por temporais.

Para a CIG todos estes datos amosan por si sos que a reforma laboral non creou emprego, e xunto coa recesión económica, e os recortes en servizos públicos postos en marcha polo goberno baixo a escusa da austeridade, provocouse unha precarización sen precedentes das condicións sociolaborais das galegas e dos galegos, mentres que as rendas empresariais aumentaron de forma escandalosa até superar, por vez primeira na historia, a masa de remuneración de asalariados e asalariadas, o cal amosa o transvase de riqueza da clase traballadora á empresarial.

A CIG denuncia, unha vez máis, que este incremento das desigualdades sociais e de concentración da riqueza en mans de oligarcas e especuladores vén provocada polas políticas económicas dos gobernos do PP no estado e na Xunta. Políticas como a reforma laboral e a da negociación colectiva, adoptadas co pretexto de superar a crise e crear emprego, pola contra, xeraron e están a xerar unha fortísima destrución de emprego e unha escandalosa caída dos salarios.

Ante esta situación, a CIG exixe un cambio inmediato nas políticas económica, fiscal e laboral, para que se favoreza realmente a creación de emprego.

A central sindical tampouco comparte a valoración que sobre os datos do paro fixo Báñez e lembra o deterioro de todos os indicadores do mercado laboral nu contexto socioeconómico que impide albiscar unha pronta creación de emprego e a efectiva saída da crise.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.