1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - CM de Compostela - Maria Castelao depois de autocomprazer-se explicando as falsas bondades do programa Santiago ImpulsaGaliza - CUT - As traballadoras e traballadores participantes do programa público de formación laboral Santiago Impulsa denuncian a través da CUT unha formación deficiente nos obradoiros do Concello, que pon en risco a saúde laboral, e cunha asignación presupostaria que non se corresponde á realidade.


O programa público de formación Santiago Impulsa, promovido pola Concellería de Emprego, está a reabrir as feridas da grande estafa social dos programas de formación. A sección sindical da CUT no programa denuncia unha asignación de partidas presupostarias ficticias, a falta de entrega de material necesario para o desenvolvemento do curso, a designación a dedo de profesorado, a falta de impartición de módulos e mesmo grandes incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais que están a poñer en risco a saúde das traballadoras.

Dende a impartición de módulos para obter o título de carretilleiros/as por persoal non autorizado, á primacía da produción destinada ao Concello sobre a formación, até o feito de obviar a entrega de material coma manuais ou non impartir cursos necesarios para a carpintería como os de matemáticas ou debuxo técnico, ao tempo que brillan pola súa ausencia módulos obrigatorios para o certificado de profesionalidade (igualdade, sensibilización ambiental, emprendemento empresarial ou orientación laboral) son moitos dos incumprimentos detectados polas traballadoras.

Pero non só. Ao tempo, no edificio destinado ao obradoiro, está a se poñer en risco a saúde e a vida das traballadoras en formación. Extintores caducados ou baleiros por todo o centro, equipos de protección individual inservíbeis como máscaras que non resultan apropiadas para o uso de disolventes (o que xa provocou unha baixa por infección pulmonar), falta de arneses ou andamios regulamentarios, falta de equipamentos para o frío, falta de extracción no taller ou imposición de traballos non regulamentarios fóra do edificio.

Estes incumprimentos denotan a existencia dun uso abusivo de fondos públicos para a sostibilidade dunha estrutura dirixida a conseguir man de obra barata e que obvia a preparación de profesionais. As condicións lamentábeis nas que se desenvolven os servizos de formación, que son coñecidas polas administracións públicas, están a xerar problemáticas entre as traballadoras e traballadores. Ao tempo, a central sindical considera "un feito gravísimo que se prime a produción, a salario mínimo, de recursos para o Concello sobre a formación, que é a principal función social destas estruturas, e sobre todo, que se estea a poñer neglixentemente en risco as vidas de traballadores e traballadoras". Ao tempo, a CUT afirma "estar cansa de ver como as concelleiras de Compostela aparecen no taller para sacarse a foto e vender unha imaxe de eficiencia dun servizo que pagamos entre todas e que non está a achegarlle nada á sociedade, e por suposto, de que se usen os recursos públicos para vendernos na prensa a suposta "cara bonita" dun goberno ao que só lle preocupa ocultar os seus verdadeiros plans, devolver aos traballadores e traballadoras ás condicións de escravitude asalariada".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.