1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto de Manuel M Vicente - O sumptuosso edifício do Ministério da Agricultura espanhol guarda entre as suas paredes um enorme caloteGaliza - SLG - No ano 2008, o Ministerio de Agricultura, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), artellou unha liña de axudas para apoiar o financiamento das explotacións gandeiras galegas1. Estas axudas consistían, basicamente, nunha liña de créditos a cinco anos, dun mínimo de 3.000 euros e un máximo de 60.000, cun xuro fixo do 5'30%; dese xuro, o Ministerio de Agricultura comprometíase a subvencionar un máximo do 2% e o Igape outro tanto, de tal xeito que as explotacións beneficiarias acabarían pagando un 1'30% de xuros. Como o empréstito tiña un ano de carencia, as axudas ingresaríanse en catro prazos anuais (dende o 1 de xullo de 2009 ao 1 de xullo de 2013), de maneira que os últimos ingresos por este concepto deberían rematar de aboarse no presente mes.


Até aquí a teoría que, sobre o papel, queda ben. Mais na práctica, estas axudas foron algo moi distinto ao prometido no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia. Para empezar, moi poucas explotacións tiveron acceso a esta liña de créditos porque as entidades bancarias colaboradoras puxeron unha morea de atrancos á hora de concedelos. A día de hoxe, as poucas explotacións beneficiarias, ingresaron a parte que lle correspondía ao Igape, aínda que con atrasos e con algún abono pendente; mentres que o Ministerio de Agricultura non deu nin un céntimo das axudas ofertadas e aprobadas. No mellor dos casos, as explotacións que lograron o crédito acabaron pagando un 3'3% de xuros por mor da morosidade do Ministerio de Agricultura.

Para o Sindicato Labrego Galego, estamos diante doutra mostra do desinterese do Ministerio de Agricultura á hora de apoiar ás explotacións gandeiras galegas. Resulta vergoñento que a mesma institución que deseña e pon en marcha unha liña de axudas non atenda os seus compromisos e deixe tirados, unha vez máis, aos sectores gandeiros do noso país que, como ben sabemos e sabe o propio Magrama, teñen a súa máxima debilidade na perda crecente de ingresos por mor do aumento dos custes de produción da súa profesión. Por iso, o impago das axudas concedidas supón un suma e segue na caída da rendibilidade da actividade gandeira na Galiza do que o Ministerio de Agricultura é, nesta ocasión, responsable directo. Tamén, xa que logo, o Ministerio de Agricultura é o único que pode resolver o entorto creado por el mesmo dun único xeito: pagando o que debe o antes posible.

Foto: Manuel M. Vicente - Edifício do Ministério da Agricultura em Madrid


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.