1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

140513 pamGaliza - CIG - 100% do persoal secunda a greve indefinida convocada en Moure Pan S.L. tras pasar catro meses sen cobrar.


Denuncian que a empresa está acumulando cartos para solventar a súa situación a custo das traballadoras e traballadores.

Este xoves comezou a greve indefinida en Moure Pan S.L. logo de dous anos de falta de información, de despedimentos –que reduciron o cadro de persoal á metade- e tras catro meses consecutivos sen cobrar. A folga foi secundada polo 100% do persoal e os únicios que acudiron a traballar foron os donos.

A FGAMT-CIG asegura que a empresa está acumulando cartos para solventar a súa situación económica por mor do crédito que solicitou e que pretende pagar a custo das traballadoras e traballadores. Unha situación que, porén, a central sindical atribúe exclusivamente á mala xestión empresarial.

A CIG lembra que foi imposible levar a cabo negociación algunha porque a empresa rompeu todo contacto cos seus traballadores/as.

Advirte que Moure Pan S.L. non está facendo pan e que se se lle está servindo a alguén é doutra empresa. O persoal solicita ademais a solidariedade das/os clientes para poder así presionar con máis forza e que se lle dea unha solución ao conflito.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.