1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

110613 cigfGaliza - CIG - Ás 12:00 horas, sob o lema "Ferrolterra esixe solucións" sairá a manifestación dende o Inferniño.


Logo de semanas de intenso traballo, ducias de asembleas en empresas, reunións con colectivos sociais diversos, encontros con representantes de todos os sectores (autónomos, comerciantes, empresarios, hostaleiros,...) e repartos masivos de octavillas nas rúas, na véspera da greve Xeral Comarcal deste 12 de xuño, os voceiros da CIG de Ferrol avanzaron un éxito rotundo da convocatoria e animan a toda a clase obreira e ao conxunto da cidadanía a participar na manifestación que sairá ás 12:00 horas dende o Inferniño.

"A sensación que temos é moi positiva, estamos seguros de que a greve vai ser todo un éxito", aseguraba o co-responsábel comarcal da CIG de Ferrol, Manel Grandal, matizando que se están adherindo á convocatoria colectivos moi diverxentes: dende autónomos, pasando pola hostalería, o mercado e o comercio local (coas súas propias reivindicacións) e até mesmo se aprobaron mocións de apoio en distintos Concellos da bisbarra. Tal é o caso de Narón ou Fene, do que o co-responsábel da CIG de Ferrol, Xesús A. López Pintos, destacou o respaldo unánime dado pola Corporación á declaración de apoio "e non hai que esquecer que o PP ten o goberno de Fene".

Tamén se veñen de sumar ao paro xeral comarcal colectivos de estudantes. Neste senso, Grandal subliñou o "exercicio de responsabilidade" levado a cabo polas organizacións sindicais que, fronte a postura da Consellaría de Educación de trasladar as probas da selectividade á Coruña –co obxectivo de provocar rexeitamento cara a greve- acordaron respectar o desenvolvemento normal dos exames e garantir o transporte do estudantado.

"O éxito parece que está asegurado. As conversas que mantivemos entre as organizacións sindicais foron alentadoras neste sentido. Fixemos un gran esforzo para contactar con todos os sectores e contamos con que a greve sexa un éxito e a manifestación aínda o sexa moito máis", aseverou Manel Gradal.

E non é para menos logo dos esforzos realizados nestas últimas semanas, nas que se repartiron máis de 50.000 volantinas–hoxe mesmo estase facendo reparto en Narón-, recibíronse máis de 50 declaracións públicas de Comités de empresa a prol da greve, realizáronse asembleas de traballadores/as en practicamente todas as empresas e ducias de vehículos pasaron coa megafonía por cada recuncho das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Coincidencia nas demandas

Un punto que ambos os dous sindicalistas destacaron refírese á coincidencia que existe entre todos os colectivos á hora de recoñecer os obxectivos da convocatoria de greve. A situación de profunda crise socioeconómica que padece a comarca, agravada polo contexto de crise global, "é unha situación que afecta ao conxunto da cidadanía da comarca", denuncia Grandal. "A comarca está en emerxencia social, tal e como se di no noso lema, e iso é algo que entenden moi ben todos os sectores e toda a cidadanía", engade Pintos.

"Esta non é unha greve por unha reforma laboral ou en demanda de incrementos salariais, esta é unha greve para esixir solucións políticas para a nosa comarca, polo noso futuro. Para esixir ao goberno da Xunta e de Madrid que apliquen políticas que permitan salvar os nosos sectores produtivos estratéxicos", asevera Pintos.

A este respecto lembran que no últimos ano a taxa de desemprego da comarca pasou do 16% ao 32% -a máis elevada do País-; rexistráronse máis de 26 peches de empresas no último ano; máis de 14 empresas presentaron expedientes de regulación de emprego no que vai de ano; todos os sectores produtivos están en claro desmantelamento; a sangría poboación non deixou de medrar na última década; ao tempo que se produce unha insostíbel emigración de mozos e mozas.

As solucións, reiteran, pasan por dotar de carga de traballo ao naval, garantir a construción do dique flotante, o saneamento integral da ría, a conexión por tren do porto exterior, rematar a vía de alta capacidade ou fomentar os sectores produtivos básicos. Vellas promesas que mañá a cidadanía de Ferrolterra esixirá que se cumpran de unha vez.

Por iso, animan a secundar a greve e participar na manifestación que sairá ás 12:00 horas dende o Inferniño, pasando pola Praza de España, a rúa do Sol, Amboaxe para rematar na Praza de Armas, onde intervirán os representantes das distintas organizacións sindicais convocantes (CIG, CCOO, UGT e USTG).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.