1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto do PPdeG - Nunes FeijoGaliza - CIG-Autonómica - Mentres o goberno de Feijoo destrue emprego público, traspasa diñeiro a empresas privadas para realizar, cun maior custe, os servizos que podería realizar o persoal propio.


O concurso de traslados do persoal funcionario das escalas de informática da Administración Autonómica de Galiza está a piques de ser publicado, e o persoal afectado xa sabe que non vai poder optar a 15 postos porque a Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica, AMTEGA, decidiu eliminalos segundo xustifica a Dirección Xeral da Función Pública. Mentres o goberno de Feijoo continúa coa súa política de destrución de emprego público, non cesa o traslado de recursos ás empresas privadas, ás que se lles encomendan traballos cun altísimo custe e baixa creación de emprego, para maior glora das contas de beneficio.

No Diario Oficial da Unión Europea dos días 26 de abril e 16 de maio deste ano atopamos dous exemplos: a Xunta pretende contratar, por un total de 871.200 € en dous anos (prorrogábeis), dous servizos para os que o goberno galego non exixe máis que a creación de oito postos de traballo de persoal informático.

O primeiro dos contratos, convocado por AMTEGA e valorado en 387.200 € consiste na prestación dun servizo de atención presencial para resolver in situ aquelas incidencias que non poidan solucionarse a distancia, así como os procesos de cambio nos ordenadores e periféricos. Esto é, prestar exactamente o mesmo servizo que xa veñen prestando os empregados públicos dependentes de AMTEGA. Á empresa (ou empresas, que poden ser duas) só se lles exixe contratar un mínimo de catro persoas con estudos de FP ou superior de tecnoloxías da información e comunicación, durante dous anos. Por tanto, a Xunta está disposta a pagar por persoa contratada e ano ata un máximo de 48.400 €, bastante máis do dobre do que custa un traballador con similares condicións.

O segundo dos contratos está convocado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), valorado en 484.000 € en dous anos prorrogábeis, consistente no mantemento, actualización e desenvolvemento de novas funcionalidades nos sistemas de información do IGVS, para o que exixen un mínimo de catro persoas (xefe de proxecto, analista-funcional e dous programadores). Tocan por tanto a 60.500 € por traballador e ano, algo, digamos, "lixeiramente" superior ao que costaría tamén un empregado público.

Nestes tempos de crise véndese moi ben o discurso da austeridade, dos recortes, da redución da administración. Así que é doado apuntarse a destruir emprego público e substituilo por empresas privadas que, como todo o mundo sabe son ONGs que non buscan beneficio.

Como levamos denunciando durante moito tempo, detrás da "austeridade" non se atopa máis que un cambio de modelo: a prestación de servizos públicos a través de empresas privadas. E como está demostrado "o público é servizo e o privado beneficio". E este beneficio adoita sacarse de tres formas: ou empeorando o servizo ou empeorando as condicións laborais das traballadoras e traballadores, ou incrementando os custes para a administración, ou todo xunto á vez. Sen dúbida a Xunta está apostando por este útlimo modelo de servizos públicos precarios.

A CIG-Autonómica reclama, unha vez máis, que se cree unha comisión de control con participación social sobre as asistencias técnicas para determinar que traballos son estruturais e deben ser desempeñados con persoal propio, e en cales é convinte a contratación externa.

Non é xustificable a contratación de servizos externos e máis caros cando estes poden ser asumidos con persoal informático propio. Reclamamos, xa que logo, a suspensión das ofertas de contratos referidos, a incorporación das prazas retiradas ao concurso de traslados, e a negociación da relación de postos de traballo de xeito que co seu incremento non sexa necesario acudir a emprresas externas.

Cos 871.200 € que está disposto a gastar en dous anos o señor Feijoo, a Administración Galega podería contar con bastantes máis dos oito postos de traballo que van ofrecer as empresas privadas, e por bastante menos diñeiro.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.