1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240513 cigGaliza - CIG - A vindeira fin de semana celebrarase en Compostela, o VI Congreso da Confederación Intersindical Galega, no que participarán un total de 682 congresistas: 540 delegadas/os elixidas/os polas distintas federacións nas comarcas; 136 membros do Consello confederal e 6 da Comisión de Garantías.


Está xa confirmada a presenza de 25 delegacións internacionais. O lema escollido pola central sindical "É necesario. É posíbel. Organización, loita, soberanía", sintetiza os principais elementos a debate.

O secretario xeral, Suso Seixo, xunto co secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo, presentaban esta mañá, en rolda de prensa, o VI Congreso da CIG. Dúas xornadas que se desenvolverán no Pazo de Congresos de Compostela e que son, segundo explicou Miranda Vigo, a culminación do proceso de debate iniciado hai meses nas distintas federación e comarcas.

Suso Seixo adiantou que se analizará polo miúdo a actual situación política, económica e social. Neste sentido sinalou que no relatorio de Acción Sindical se analiza en profundidade o momento político e as consecuencias da crise sobre o tecido produtivo e para a clase traballadora, cunha avaliación "moi crítica" das medidas postas en marcha, que "teñen provocado un cada vez maior empobrecemento da poboación en xeral e da clase traballadora en particular", denunciou.

A CIG fai tamén unha análise detallada dos obxectivos que se pretenden acadar coas reformas das pensións, laboral e da negociación colectiva: por unha banda dificultar e atrasar o acceso ás pensións, ademais de reducir a contía das futuras e, pola outra, provocar unha importante rebaixa dos salarios, explicou.

Xunto a isto, a central sindical analiza o problema dos desafiuzamentos, das preferentes, o problema do desemprego e a necesidade das persoas desempregadas organizarse para facerlle fronte a todas as regresivas medidas que se están impoñendo.

O secretario xeral da CIG subliñou que tamén se recollen, nos documentos congresuais, as alternativas da central sindical, moitas xa presentadas e defendidas con anterioridade, respecto de servizos públicos, contratación ou tecido produtivo, con especial atención ás políticas dirixidas á mocidade e ás mulleres.

"É necesario, é posíbel. Organización, loita, soberanía".

O lema do Congreso pretende sintetizar, segundo explicou Seixo, as ideas centrais e obxectivos da CIG para estes catros anos. Así sinalou que na súa primeira parte, co "é necesario" preténdese incidir na urxencia de reivindicar outras políticas fronte as actuais e co "é posíbel" aclarar que malia repetirse, de forma sistemática, que só se poden aplicar as políticas decididas pola UE e impostas polo goberno do PP, si hai outras alternativas.

Na segunda parte do lema saliéntase a importancia da Organización, partindo da idea de que "non se pode dar a resposta necesaria a estes ataques con loitas de carácter espontáneo, precísase estar organizados", e da Loita, porque "os grandes avances da humanidade téñense acadado grazas á loita. En ningún caso desde unha posición desmobilizadora e de pacto social, que sempre viñeron acompañados de cesión de dereitos da clase traballadora". Respecto da Soberanía, o secretario xeral da CIG explicou que "é preciso termos competencias en políticas fiscais, financeiras e laborais", para o que cómpre "reclamar o dereito a decidir se queremos saír da crise dunha perspectiva galega e favorábel á maioría social".

Para o secretario xeral da CIG é preciso construír outro modelo "máis democrático e participativo" para que as políticas se definan desde institucións controladas polo pobo e non desde organismos e institucións como o FMI, o BCE ou a Comisión Europea, afastadas da cidadanía e sen control democrático algún.

En todo caso, para acadar estes obxectivos, a central sindical aposta por mellorar os métodos de traballo, facendo especial fincapé na necesidade de colectivizar e socializar os debates e as alternativas para que haxa unha resposta común. "Hai que mellorar o sindicato para que sexa unha ferramenta o máis eficaz posíbel para dar resposta a esta situación".

Candidaturas

En resposta ás preguntas das/os xornalistas a respecto das posíbeis candidaturas, Suso Seixo explicou que até o xoves non se pecha o prazo de presentación de candidaturas á Executiva Confederal, Secretaría Xeral e Comisión de Garantías. En todo caso, confirmou que presentaría a súa candidatura á secretaría xeral e matizou que a estas alturas aínda non se sabe se haberá 1 ou 5 candidaturas á Executiva.

Xunto a isto salientou que non sería unha novidade, xa que en Congresos anteriores tamén houbo varias candidaturas e subliñou que, aínda así, o importante é que a central sindical está "moi cohesionada", como se tira do elevado nivel de consenso acadado nos debates, que deron nuns relatorios de Organización e Acción Sindical que foron respaldados polo 95-96% de representantes nos organismos. Un consenso que se traduce en tan só 2 emendas ao Relatorio de Organización; 12 emendas aos Estatutos e ás modificacións estatutarias e 45 emendas ao Relatorio de Acción Sindical.

HORARIOS

Sábado 25 de maio

9-10 h: Recepción de congresistas e persoas convidadas. Entrega de documentación

10-11 h: Inicio do V Congreso. Benvida a cargo do Secretario da CIG –Santiago. Proxeción audiovisual. Actuación musical Conservatorio Histórico Artístico Santiago.

11-11:10 h: Debate e votación Regulamento Congresual

11:10 -11:50 h: Presentación do Informe de xestión da Executiva Confederal a cargo do Secretario Xeral

11:50-14 h: Debate e votación Informe

14:00 h: Proposta e elección da Mesa Presidencial do Congreso

14:15 h: Xantar

16:30-17:30 h: Presentación, debate e votación do Relatorio de Organización e Estatutos

17:30 -19:30h: Presentación, debate e votación do Relatorio Base.

19:30-20:00 h: Presentación de candidaturas.

20:15:Resolucións

Domingo 26 de maio

10-11:00 h: Votación de cargos e membros de Organismos: Executiva Confederal, Secretaría Xeral, Comisión de Garantías.

11-11:30: Reconto

11:30 - 13:30 h: Clausura

 


 

Preséntase unha única candidatura á Executiva Confederal acordada polas distintas sensibilidades actuantes na CIG

Está encabezada por Suso Seixo, que tamén é o único candidato á Secretaría Xeral.

Este xoves remataba o prazo para a presentación de candidaturas á Executiva Confederal e á Secretaría Xeral, a elixir no VI Congreso da CIG que terá lugar os días 25 e 26 de maio en Compostela. En ambos os casos presentouse unha única candidatura que foi acordada polas distintas sensibilidades actuantes na central sindical. A da Executiva Confederal está encabezada polo actual secretario xeral, Suso Seixo, que tamén é o único candidato á Secretaría Xeral.

Candidatura á Executiva Confederal

1.- Xesús Seixo Fernández.

2.- Elvira Patiño Ogea.

3.- Francisco Xabier Cartelle Pérez.

4.- Manuel Currás Meira.

5.- Miguel Anxo Malvido Cabirto.

6.- Margarida Corral Sánchez.

7.- Anxo Pérez Carballo.

8.- Ramiro Oubiña Parracho.

9.- Xosé Francisco Miranda Vigo.

10.- Antolín Alcántara Álvarez.

11.- Anxo García Torres.

12.- Paulo Carril Vázquez.

13.- Obdulia Diniz Carlos.

14.- Laura Bugallo Sánchez

15. María do Tránsito Fernández Fernández

16. Asunción Castiñeira Fernández

17. Alberte Gonçalves Herrero

18. Francisco Xabier González Sío

19. María Placer Vila Rodríguez

20. Fernando R. Acuña Rúa

21. Susana Riveira Fernández

22. Marta Dacosta Alonso

23. Xesús Anxo López Pintos

24. Dolores Martínez Castelo

25. Xosefa Romero Alvarez

26. Adolfo Martín Naya Fernández

27. María Dolores Rodríguez Vázquez

28. Antonio López Rivera

29. Serafín Otero Fernández

30. Cristina Martínez Padín

31.Cristina López Lobariñas

32. María Esther Vila Vázquez

33. Manuel Domínguez Pereira

34. Concepción Freire Montes

35. Xosé Fernández Piñeiro

36. Rafael Iglesias García.

 


 

Un total de 26 organizacións políticas, sociais e culturais de Galiza asistirán como convidadas ao VI Congreso da CIG

O acto de clausura do VI Congreso terá lugar o domingo, día 26 de maio, ás 11:30 horas
Delegacións de numerosas organizacións políticas, sociais, sindicais, estudantís, culturais ou de defensa dos dereitos civís, entre outras, confirmaron xa a súa asistencia ao VI Congreso da CIG, que terá lugar esta fin de semana e que ten previsto o seu acto de clausura para o domingo, día 26 de maio, ás 11:30 horas.

As organizacións galegas que xa confirmaron a súa asistencia son:

- Consello Galego de Relacións Laborais

- Bloque Nacionalista galego

- ANOVA-Irmandade Nacionalista

- Movemento pola Base

- Compromiso por Galicia

- Nós-UP

- Galiza Nova

- Comités

- Liga Estudantil Galega

- FRUGA. Federación Rural Galega

- Sindicato Labrego Galego

- Fundación Galiza Sempre

- Fundación Castelao

- Fundación FORGA

- Fundación Moncho Reboiras

- Fundación SOLGA

- Mesa pola Normalización Lingüística

- Plataforma Cidadá Queremos Galego

- AS-PG. Asociación Socio-Pedagóxica Galega

- Asociación de Escritores en Lingua Galega

- Asociación galega de Editores

- IGADI. Instituto Galego de Análise e Documentación

- Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común

- ADEGA-Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

- Esculca

- Xustiza e Sociedade

 


 

Organizacións sindicais de Europa, África e América confirmaron xa a súa asistencia ao VI Congreso da CIG

A asistencia de delegacións de múltiples países constata o recoñecemento internacional que ten acadado a central sindical.

Organizacións sindicais de Europa, África e América acompañarán á CIG no seu VI Congreso, o que constata o recoñecemento internacional que a central sindical ten malia ser unha organización da clase traballadora dunha nación sen estado. Xunto ás delegacións das organizacións sindicais de distintos países participan tamén organizacións de carácter internacional como a FSM (Federación Sindical Mundial) e a CSPLP, (Confederação Sindical dos Países de Lingua Portuguesa).

Xa confirmaron asistencia as seguintes organizacións sindicais:

ELA- Eusko Lagileen Alkartasuna. Euskal Herria

LAB- Langile Abertzalen Batzordeak. Euskal Herria

CSC- Confederació Sindical de Treballadors de Catalunya

IC- Intersindical Canaria

EUROPA

CGTP/IN- Confederaçao Geral de Trabalhadores Portugueses. Portugal

UGT- União Geral de Trabalhadores

CSC- Confederation Syndicale Chretien. Bélxica.

PEO- Pancyprian Federation of Labour. Chipre

SUD- Union Syndicale Solidaria. Francia

FZZ- Forum Zwiazek Zawodowich. Polonia

AMÉRICA

CTA- Central de Trabajadores Argentino. Arxentina

CGT- Confederación General del Trabajo. Colombia

CTC- Confederación de Trabajadores de Colombia. Colombia

CTC- Central de Trabajadores de Cuba

CSN- Confédération des Syndicats Nationaux. Quebec

PIT/CNT- Plenario Intersincal de Trabajadores. Uruguai

UNETE- Unión Nacional de Trabajadores. Venezuela

FS- Força Sindical. Brazil

CTB- Central dos Trabalhadores e Trabalhadoras do Brazil

CUT- Central Única dos Trabalhadores

ÁFRICA

UNTA- União Nacional dos Trabalhadores de Angola

UNTC-CS- União Nacional dos Trabalhadores de Cabo Verde

UGT-SARIO- Unión Xeral de Traballadores de Saguís el-Hamra e R. Sahara Occidental

INTERNACIONAIS

FSM- Federación Sindical Mundial

CSPLP- Confederação Sindical dos Países de Lingua Portuguesa


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.