1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

caixagaliciafundaçomGaliza - ADUCAB - A Asociación para a Defensa de Usuarios e Usuarias de Caixas de Aforro e Bancos celebra unha Asemblea Xeral o día 21 de maio ás 18:30 horas no Edificio de Ferro do Campus de Ourense, na sala Emilia Pardo Bazán sita no sótano do edificio.


Na orde do día está previsto, ademais da renovación da súa directiva logo da aceptación de novos socios, debater e aprobar se procede "O INICIO DE ACCIÓNS XUDICIAIS, CONTRA os PRESUNTOS RESPONSABLES da desfeita das Caixas de Aforro galegas, a piques de desaparecer".

A proposta formúlase en base a que se ten detectado que a situación das Caixas  é resultado da conspiración artillada por persoas coñecidas, con responsabilidades nos feitos e con evidentes beneficios espurios.

Son persoas que terán que xustificar a súa lexitimidade como membros dos consellos de administración das Caixas, a responsabilidade do cargo, como funcionarios, ou políticos, xa que moitos deles participaron nas decisións  tomadas que provocaron as irregularidades consumadas, e todos eles deberán explicar en que feitos ou conceptos basearon esas decisións, explicando os obxectivos previstos e xustificando os resultados finais.

Os puntos en que ditas demandas poderían basearse son os seguintes, nun inventario provisional:

  • "Conspiración para alterar o prezo das cousas", delito tipificado na lexislación española e que, neste caso, refírese ao prezo dos Servizos Financeiros que se incrementaron de forma inxustificada.
  • Creación dun OLIGOPOLIO, para explotar un mercado cativo, sen alternativas nin competencia real que garanta o "liberdade de mercado".
  • Espolio do patrimonio público acumulado polas Caixas de Aforro, ao longo de máis de 100 anos de existencia, que se transfire sen compensación aos lexítimos usufrutuarios: a poboación que participou na súa constitución.
  • Cesamento en servizos sociais, culturais e investimentos en accións públicas que afectan o benestar social, como a construción de vivendas a prezos de custo (antes de 1980) ou aluguer social (antes de 1970), axudas a actividades culturais e de formación, deportivas, etc.
  • Recorte no número de oficinas, despedimentos e xubilacións, o que implica a destrución de postos de traballo.
  • Desaparición dos "Montes de Piedade" e outras entidades con funcións sociais, que nestes momentos de crises poderían aliviar a situación de miles de parados.

Foto: En busca del sol / Flickr - Edifício da antiga Caixa Galicia na Corunha.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora