Na orde do día está previsto, ademais da renovación da súa directiva logo da aceptación de novos socios, debater e aprobar se procede "O INICIO DE ACCIÓNS XUDICIAIS, CONTRA os PRESUNTOS RESPONSABLES da desfeita das Caixas de Aforro galegas, a piques de desaparecer".
A proposta formúlase en base a que se ten detectado que a situación das Caixas é resultado da conspiración artillada por persoas coñecidas, con responsabilidades nos feitos e con evidentes beneficios espurios.
Son persoas que terán que xustificar a súa lexitimidade como membros dos consellos de administración das Caixas, a responsabilidade do cargo, como funcionarios, ou políticos, xa que moitos deles participaron nas decisións tomadas que provocaron as irregularidades consumadas, e todos eles deberán explicar en que feitos ou conceptos basearon esas decisións, explicando os obxectivos previstos e xustificando os resultados finais.
Os puntos en que ditas demandas poderían basearse son os seguintes, nun inventario provisional:
- "Conspiración para alterar o prezo das cousas", delito tipificado na lexislación española e que, neste caso, refírese ao prezo dos Servizos Financeiros que se incrementaron de forma inxustificada.
- Creación dun OLIGOPOLIO, para explotar un mercado cativo, sen alternativas nin competencia real que garanta o "liberdade de mercado".
- Espolio do patrimonio público acumulado polas Caixas de Aforro, ao longo de máis de 100 anos de existencia, que se transfire sen compensación aos lexítimos usufrutuarios: a poboación que participou na súa constitución.
- Cesamento en servizos sociais, culturais e investimentos en accións públicas que afectan o benestar social, como a construción de vivendas a prezos de custo (antes de 1980) ou aluguer social (antes de 1970), axudas a actividades culturais e de formación, deportivas, etc.
- Recorte no número de oficinas, despedimentos e xubilacións, o que implica a destrución de postos de traballo.
- Desaparición dos "Montes de Piedade" e outras entidades con funcións sociais, que nestes momentos de crises poderían aliviar a situación de miles de parados.
Foto: En busca del sol / Flickr - Edifício da antiga Caixa Galicia na Corunha.


