1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170513 junta familiaGaliza - CIG - Publica un video "retrógrado" no seu web para vender a necesidade dos recortes coincidindo coa publicación no DOG da nova Relación de Postos de Traballo.


Coindindo coa campaña propagandística da Xunta de Galiza, que aproveitou o Día da Familia, 15 de maio, para xustificar os recortes cun video propagandístico no que unha familia tradicional (o modelo de familia galega do Partido Popular) non gasta máis do que ten, publicábase no DOG a RPT pola que a consellaría de Traballo e Benestar despide a 59 traballadoras e traballadores da administración pública. "59 familias que se van á cola do paro", denuncia o sector da Autonómica da CIG-Administración.

"A Xunta prefire gastar os cartos que detrae dos servizos públicos nun vídeo casposo e retrógrado, con ese arquetipo de familia "Cuéntame", pobre pero feliz, inculcando as mesmas mensaxes coas que o telexornal nos ilumina cada día", denuncian.

O sector da Autonómica fai un percorrido polas mensaxes que deixa o video da Xunta para explicar as políticas da Xunta:

NON GASTAR MÁIS DO QUE SE TEN. "E para iso nada mellor que che leve de vacacións, pola cara, o teu amigo narcotraficante, a sitios onde había neve pero dos que nin te lembras".

DAR MÁIS A QUEN MÁIS O NECESITA. "Privatizando e amortizando prazas nos Centros de discapacitados e nos centros de maiores, pechando centros de saúde, subindo as matrículas universitarias..."

CENTRARSE NO VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE. "O déficit, evidentemente, que nos aplaudan os señores da troika, aínda que aquí medre a miseria e o paro".

TEMOS O MELLOR MODELO DO QUE APRENDER... AS FAMILIAS GALEGAS. "Pero de que familias nos falan? das mesmas que están machacando? E onde quedan as familias monoparentais, por exemplo?"

NON FACEMOS NADA QUE TI NON FARÍAS. "Isto xa é o "non vai máis", pero que rostro ten esta xente!!! Quitarnos as extras é algo que ti mesmo te farías a ti mesmo, propoñemos que o seguinte recorte se faga de xeito voluntario, incentivando ao conxunto de empregadas e empregadas públicas a baixarse o soldo de xeito optativo, incluso na cantidade que valoremos, todos e todas, canto nos sobra e canto podemos aportar para saír desta crise que nos merecemos, por non ser, todos e todas, unha familia perfecta. PD: E non vale levar os cartos para Suíza ou cobrar en sobre.

Por certo, todo este spot do que a Xunta do PP entende como unha familia galega ideal vai aderezado cunha pastelosa canción no idioma propio das familias galegas: o inglés".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.