1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130513 lugoGaliza - CIG - Fixo entrega en varias sedes de compañías da cidade un escrito reclamando que adopten medidas favorecedoras para este colectivo.


A asemblea de desempregados de Lugo fixo o pasado luns un acto reivindicativo no que entregou, en distintas sedes de compañías eléctricas da cidade, un escrito solicitando reducións tarifarias para as persoas sen emprego e traballadores/as en precario. O colectivo subliña no seu escrito que, fronte ás dificultades que atravesa a maioría da clase traballadora, as empresas de enerxía continúan a obter enormes beneficios.

A continuación reproducimos o contido do escrito entregado pola Asemblea de Desempregados/as de Lugo:

Ante os grandes beneficios que as eléctricas, tiveron en tódolos tempos, vémonos abocadas a consumir cada vez menos e pagar cada vez máis.

Nós persoas desempregadas ou que non chegamos ó SMI, queremos que se nos teñan en conta as dificultades polas que estamos a pasar. Estamos de acordo que diante de situacións difíciles, respostas arriscadas e é por iso que as medidas que queremos que tomen dende esas compañías vaian encamiñadas a que se nos poñan prezos reducidos das tarifas para podermos resistir e sobrevivir e tendo en conta que a maior parte do prezo son impostos esiximos a exención destes.

Esta medida non supón para as compañías eléctricas unha perda de diñeiro, o que pode supoñer é deixar de gañar un pouco, moi pouco dos grandes beneficios, mais seguen gañando.

Nós, usuarias e usuarios, levamos pagando un aluguer de contadores, que ó longo do tempo témolo pagado de sobra o que nos parece unha práctica abusiva, como as cláusulas abusivas dos Bancos, respecto ás que agora o Tribunal de Europa deu a razón á Plataforma de Afectados polas Hipotecas.

Vostedes son un monopolio, aínda que haxa varias compañías, porque en realidade actúan como unha, impoñéndonos as súas normas e condicións ás que nós, consumidoras non ternos outra opción que tragar.

É un ha medida que exiximos para os tempos de crise na que segundo din dende o poder, "se toman medidas das que non gustamos", esta podería ser unha.

Quen temos uns ingresos tan reducidos que nos obrigan a renunciar a moitas das consideradas necesidades básicas nesta sociedade, ternos a obriga de contribuír vía impostos (coma exemplo o IVE que afecta por igual a quen non ten nada coma a quen ten elevados ingresos) para axudar a saír desta crise que nós non provocamos. A pobreza enerxética, está a causar agravamento das doenzas, incluso a morte.

Chegou o momento de que as empresas arrimen o ombreiro para que todas nós poidamos ter satisfeitas as nosas necesidades básicas. Non sería moito pedir que as grandes empresas renuncien a unha cantidade ridícula das súas ganancias para paliar os efectos desta crise sobre quen a sufrimos realmente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.