1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

feijoomacacodeferiaGaliza - CIG-Autonómica - A pasada semana, a Consellaría de Traballo anunciou a contratación de 20 persoas para o control da fraude nas prestacións do Plan Prepara.


A CIG-Autonómica chama a atención no cinismo que amosa a consellaría, competente entre outras na promoción do emprego, quen contrata 20 postos ao tempo que leva destruido 223 nas oficinas de emprego entre xuño e decembro do 2012, e que nestes días está a despedir a máis persoal.

Chamamos tamén a atención na visión que teñen os responsábeis políticos da consellaría e do goberno do que é realmente importante en materias relativas a traballo:

Os 20 postos que van crear están dirixidos á controlar a fraude nas prestacións do Plan "Prepara" que reciben os desempregados e desempregadas que xa esgotaron tanto as prestacións como o subsidio e que percibirán 400 euros ao longo de seis meses.

  • Por contra, eliminan os postos de traballo encargados das tarefas de orientación laboral ou os encargados da supervisión e control das subvencións que reciben as empresas procedentes dos fondos europeos, ata o punto de que a día de hoxe non sabemos quen se vai encargar destas funcións.
  • Por se non fose abondo, estes últimos traballadores encargados da supervisión e control das subvencións, recibiron instrucións no mes de xaneiro do "subdirector xeral de Apoio á Contratación, ás Persoas Emprendedoras e a Traballo Autónomo" nas que, despois de narrar a importancia de xustificar as subvencións ante Europa, prioriza localizar aos cumpridores antes que destapar aos incumpridores para así evitar perder parte dos fondos comunitarios:

"Por último hai que ter en conta que o feito de que se leve a cabo esta revisión dos expedientes é independente de que, no caso de que o destinatario da axuda non cumpra cos requisitos esixidos en cada convocatoria, se lle inicie ou non o correspondente procedemento de reintegro da axuda percibida. É dicir, neste momento realízase o seguimento co fin de seleccionar todos aqueles expedientes que cumpren as obrigas e imputalos ao Programa Operativo Integrado de Galizia 2007-2013 como gasto elixible."

A política marcada por este goberno está ben definida: Establecen un maior control sobre os parados e paradas tratando de criminalizalos por recibir axudas e retíranlles os servizos de orientación, ao tempo que fixan barra libre ás empresas para que fagan o uso que consideren dos fondos que reciben para o fomento do emprego.

Foto: PPdeG / Alguns direitos reservados - O extremista Alberto Nunes Feijó, presidente da Junta.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.