1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

090513 grippeGaliza - CIG - CIG denuncia que a administración identifica "eficacia na xestión con precariedade laboral".


A CIG-Saúde vén de presentar alegacións á Orde da consellaría de Sanidade pola que se incorporan cláusulas de mobilidade forzosa. Denuncia ademais que se pretenden regulamentar as modalidades de formalización de nomeamentos temporais do persoal estatutario contemplando xornadas de até o 75% para a cobertura de xornadas a tempo completo.

A CIG-Saúde lembra que no ano 2007 negociouse na Mesa Sectorial un Plan de Provisión e Medidas de Estabilidade coa fin de rematar coa precariedade laboral. Un Plan que contemplaba a erradicación do emprego precario con nomeamentos estábeis; a creación e dotación de prazas para ser convocadas nos procesos selectivos; impedir que se produzan situacións de encadeamento sucesivo de nomeamentos eventuais; oferta de interinidades e negociar unha nova Orde de vínculos que dera resposta e solucionase os problemas existentes, respectando o principio de causalidade.

Fronte a isto denuncia que no ano 2013, o Sergas presenta un borrador de Orde que en vez de solucionar os problemas dos nomeamentos temporais, afonda máis na precariedade laboral.

María Xosé Abuín, secretaria nacional, explica que no articulado da Orde "hai cando menos dous artigos que inciden perniciosamente na desregulación das condicións laborais do persoal eventual e interino".

En concreto subliña o artigo 9, co que se intenta incorporar nos nomeamentos unha cláusula de mobilidade forzosa dentro ou fóra da súa área de xestión e o artigo 11, referido a nomeamentos a tempo parcial, no que se lexitima a creación de nomeamentos a tempo parcial para dar cobertura a prazas que na actualidade son a xornada completa. De feito "a xornada nestes nomeamentos será como máximo do 75% da xornada actual".

Ante isto, Abuín afirma que "é lamentábel que unha vez máis esta administración identifique eficacia na xestión con precariedade laboral" e solicita a retirada deste artigos para poder negociar unha verdadeira Orde de Vínculos que "dea resposta ás necesidades dos servizos e respecte as condicións laborais existentes", subliñando que a xornada a tempo parcial "xa está regulada para substituír reducións de xornada do titular da praza".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.