1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

060513 grevensinoGaliza - CNT - O próximo día 9 de maio hai convocada greve en todos os sectores do ensino en protesta polas decisións do goberno actual, que prexudica claramente o ensino público para favorecer a privada, reducindo ou eliminando as conquistas obtidas neste ámbito pola clase traballadora.


Neste contexto de empeoramento continuo e insustentable, CNT secunda as mobilizacións que se realizan contra as decisións gobernamentais, e manifesta o seu apoio a todas as persoas que optan pola loita e abandonan a resignación e a pasividade reinantes. Por outra banda, debemos lembrar que a educación pública leva xa moitos anos de agresións por parte dos distintos gobernos que sufrimos, que fomentaron activa e pasivamente o sector privado, de forma tanto aberta (con subvencións, deducións fiscais, etc) como soterrada (desatención e descrédito do ensino público, tratando de forzar a quen llo poida permitir o uso da privada). A crise converteuse nunha excelente escusa para acelerar un proceso que xa se estaba dando.

Son os/as traballadores/as e os/as estudantes quen deben decidir, organizándose horizontalmente, e tomar as rendas da súa loita, desmarcándose das cúpulas políticas dos sindicatos maioritarios e sectoriais que nos manexan e instrumentalizan ao seu antollo. Non esquezamos que quen agora nos chaman á greve son frecuentemente cómplices dos ataques sufridos, e que á hora das eleccións utilizarán estas mobilizacións como "medallas" para pedirnos o voto.

Desde o sindicato CNT apoiamos e secundamos a iniciativa de greve e as decisións asemblearias tomadas en cada centro educativo, aínda que desde a crítica á verticalidad mostrada polos sindicatos oficialistas.

Se ninguén estuda por ti, se ninguén ensina por ti e se ninguén traballa por ti, que ninguén decida por ti.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.