1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

050513 feijo guesusGaliza - CIG - A central entende que non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á greve do conxunto do persoal que traballa para Educación.


Este xoves 2 de maio tivo lugar unha reunión coa Consellería de Educación co obxecto de negociar os servizos mínimos para a greve do ensino do día 9 de maio. A CIG-Ensino considera a proposta presentada pola administración é arbitraria e desproporcionada e entende que cos servizos mínimos establecidos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á greve do conxunto do persoal que traballa para Educación. Non foi posíbel chegar a un acordo negociado xa que a proposta da Consellaría é a mesma que para a greve do 14 de novembro e supera os servizos mínimos de folgas anteriores.

A Consellaría só aceptou a proposta de suprimir "1 directivo docente en cada facultade ou escola nos que estea autorizada a realización de exames" porque xa hai unha sentenza gañada pola CIG que recoñece abusiva esta proposta. Para a CIG-Ensino resulta especialmente grave que a Xunta teime en conculcar dereitos fundamentais de xeito reiterado xa que impide exercer o dereito a greve ao profesorado das unitarias malia o auto do 19 de xuño de 2002 da sala do contencioso-administrativo do TSXG que di: "enténdese que os servizos mínimos que hai que fixar para o período de folga convocado non poderán exceder en cada centro, departamento ou oficina, do número de persoas que normalmente permanecen neles con ocasión dun domingo ou día festivo, salvo que se trate de órganos que tales días permanecen pechados, no que haberá que atenderse ás quendas estabelecidas para os sábados".

De cumprirse o estabelecido polo alto tribunal galego, se todo o profesorado secunda a folga, ningún centro debería estar en funcionamento o día 9 de novembro posto que nas fins de semana as escolas permanecen pechadas. Pola contra, a Consellaría de Educación estabeleceu que un traballador/a de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa e un encargado de catering nos de xestión indirecta, un/ha auxiliar coidador/a e o 20% do persoal de comedor, subalterno e limpeza das residencias docentes ten que estar operativo o día da greve.

Ademais, a CIG-Ensino considera especialmente intolerábel que a Xunta volva privar dos seus dereitos ao persoal das escolar unitarias, e en boa medida dos coidadores/as e subalternos/as, xa que obriga á presenza dalgún/ha membro docente naqueles centros con menos de seis unidades.

Resolución de apoio

Doutra banda, os delegados e delegadas da Xunta de Persoal Docente de centros públicos non universitarios da provincia da Coruña veñen de aprobar unha resolución de apoio á folga convocada no ensino público para o día 9 de maio en contra da LOMCE. Podes ler o texto completo no arquivo adxunto a esta nova.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.