Trata-se das convocatórias realizadas pola CNT, CUT e CGT. No caso desta última, a sua campanha é realizada maioritariamente em espanhol na Galiza. No Diário Liberdade só tenhem cabimento as campanhas realizadas na nossa língua, daí que só reproduzamos a que recebemos em galego.
CNT
Baixo o lema "Rompamos co seu xogo. Construamos a alternativa" os
sindicatos da CNT de Galiza fan un chamado á mobilización neste 1º de
maio.
As convocatorias son as seguintes:
VIGO
Manifestación CNT: Saída ás 12h. do Paseo de Alfonso XII (Olivo) e remate
na Praza da Independencia. Posteriormente terá lugar no CSOA "Xuntas" (Rúa
do Carme, 1) unha tarde de confraternización.
http://www.cntgaliza.org/?q=
PONTEVEDRA
Manifestación CNT, CGT: Saída ás 13h. da praza da Ferrería.
VILAGARCIA DE AROUSA
Manifestación CNT: Saída ás 12h. desde a Casa do Mar (Avda. da Mariña S/N).
http://www.cntgaliza.org/?q=
COMPOSTELA
Manifestación CNT, CUT, Asemblea Aberta de Compostela e Asembleas Abertas
de Estudantes: Saída ás 12:30h. desde a Praza do 8 de Marzo (Porta do
Camiño) e remate na Praza do Toral.
A continuación celebrarase un comedor popular (a partir das 14:30h.) no
Parque de Belvís.
Finalmente, a partir das 18h. haberá espectáculo de improvisación teatral
e fecharaseo dia cun concerto a cargo de Terbutalina, O Leo I
Arremecághona, O Leo de Matamá e En-Riquiño.
http://www.cntgaliza.org/?q=
OURENSE
Manifestación CNT, CGT, CUT e colectivos sociais: Saída ás 12h. da ponte
Romana (do lado Avda. Caldas) e remate nos Xardíns Padre Feijó, onde se
colocará un posto informativo da CNT a partir das 16h.
http://www.cntgaliza.org/?q=
LUGO
Manifestación CNT e colectivos libertarios: Saída ás 18h. da Praza Horta
do Seminario.
FERROL
Concentración CNT e CUO: ás 18h no cantón.
http://www.cntgaliza.org/?q=
Toda a info do 1º de maio en Galiza en:
http://www.cntgaliza.org/?q=
CUT
"A CUT presenta as catro mobilizacións que promoverá o sindicalismo alternativo en Galiza".
"A CUT aposta nesta convocatoria pola celebración dun primeiro de maio expansivo, que estenderá a unidade do sindicalismo alternativo por varias cidades galegas".
Compostela, Vigo, A Coruña e Ourense serán as cidades nas que a CUT, da man doutras centrais sindicais de base e de diferentes organizacións da esquerda social sairá á rúa. Concrétase así a expansión dunha data de celebración e loita coa aposta nítida de todo o tecido sindical de base por estender a mobilización nas rúas ás principais cidades do País e ofrecer deste xeito unha alternativa sindical viábel e de proximidade.
Ricardo Castro, Secretario Xeral da central sindical nacionalista afirmaba "estar satisfeito co feito de que a alianza do sindicalismo de clase e asembleario vaia tomando corpo para defender con claridade e fortaleza os intereses da clase obreira galega, demostrando que hai unha alternativa chea de saúde, disposta a rachar co monopolio do sindicalismo pactista, disposta a crear unha nova cultura sindical de autodefensa e non só" aclarando que "este entendemento nace co obxectivo de voltear a pirámide, de crear as condicións necesarias para unha mudanza de rumbo, para un cambio sistémico".
Recordaba tamén que "máis dunha vez o dixemos: unha unidade sindical máis ampla, tan necesaria hoxe, de todo o conxunto da clase traballadora galega, por riba das siglas sindicais, só se conseguirá na renuncia aos sectarismos, aos protagonismos e baixo o principio da xenerosidade de clase", mais asegurou que "pouco temos que lamentarnos porque temos moito por construír. Este primeiro de maio a alternativa sindical de rúa, combativa e non pactista estará nas rúas das principais cidades do país para executar unha vontade e unha necesidade: a de preparar a ferramenta sindical como unha máis na ruptura coas condicións de explotación e dominación actualmente existentes, é dicir, co capitalismo".
A Central Unitaria de Traballadores/as aproveitaba para presentar as diferentes convocatorias esta mañá, que son as seguintes:
Vigo: 11:00 h dende a Praza Fernando o Católico.
Compostela: 12:30 h dende a Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
A Coruña: 12:30 h dende a Praza de Pontevedra.
Ourense: 12:30 h dende a Ponte Romana.
CGT
Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña
A CGT da Coruña ten convocado, conxuntamente coa CUT, unha manifestación para o vindeiro Primeiro de Maio, que partirá da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas.
"O 1º de Maio é o Día Internacional da clase traballadora, un día de loita da clase á que pertencemos, un día para sentirnos da mesma clase social, empregados ou non, xoves, pensionistas, emigrantes, estudantes, afectados polos desafiuzamentos, excluídos, despoxados ... O 1º de Maio é un día para reivindicar nas rúas a defensa da nova sociedade que cremos, baseada na liberdade e na xustiza social.
Este 1º de Maio de 2013 é o quinto consecutivo que vivimos tras o estalido desta chamada crise do sistema capitalista provocada conscientemente polo poder, por políticos corruptos, polos ricos e especuladores donos da banca, da grande patronal, das multinacionais.
Conducíronnos a unha situación de emerxencia social. Crearon seis millóns de parados, rebaixaron os salarios, négannos o dereito ao traballo, a un convenio colectivo, recortan os gastos sociais, privatizan a sanidade, a educación, reducen a protección social, fannos pagar unha débeda ilexítima, privatizan as grandes empresas, os servizos públicos, rebaixan as pensións, todos os dereitos os converten en negocios ... e todo isto grazas a unha clase política inmoral, corrupta, fieis axentes locais do capitalismo máis voraz e cobizoso.
Non podemos seguir aturando estes ataques. Habemos de ser nós quen demos as solucións dende a autoxestión, poñendo en marcha proxectos e accións que deteñan as agresións e que nos conduzan a unha nova sociedade que dea prioridade ás necesidades das persoas fronte aos mercados económicos e financeiros.
Dende a CGT dicimos que non podemos seguir resignados ante o drama do paro e propoñemos dar un paso adiante coa ocupación das empresas que pechan, sendo os traballadores quen as xestionen e reciban o financiamento e asesoramento público que agora se destina para pechalas.
Fronte o paro propoñemos o reparto do traballo e da riqueza: reducindo a xornada laboral, adiantando a idade de xubilación, para poder traballar todas e todos, e que a sanidade, a educación e a protección social sexan de calidade, públicas e universais.
Non podemos seguir resignados ante un sistema político e social imposto polo capitalismo que consegue levarnos a situacións de fame, violencia, desesperación e á destrución da vida no planeta.
Dende a CGT propoñemos loitar, ocupar as rúas e os espazos públicos, promovendo unha mobilización permanente contra o sistema para que a clase obreira sexa a verdadeira protagonista da nova sociedade que queremos, unha sociedade de igualdade e xustiza social. Unha sociedade libertaria.
Este é o único camiño: a autoxestión. Non hai volta atrás

