1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

300413 dartyGaliza - CIG - A multinacional francesa presentou un ERE de extinción para o conxunto do cadro de persoal.


Os traballadores e traballadoras de Darty iniciaron este luns greve indefinida e mobilizacións contra o peche dos estabelecementos que a empresa ten en todo o estado español e na defensa dos empregos. A multinacional, que hai uns anos adquiriu as tendas da antiga San Luis e conta cuns 160 empregados/as no noso País, presentou un ERE de extinción para todo o cadro de persoal, a pesar de que os estabelecementos situados en Galiza son rendíbeis.

Dende as organizacións sindicais critican a falta de vontade negociadora que está a amosar a multinacional francesa durante o período de consultas do ERE extintivo, que afectará a totalidade do cadro de persoal. Neste senso, o Secretario de Organización da CIG-Servizos, Adolfo Naya, explicaba que a diferenza das indemnizacións ofrecidas na regulación aplicada hai un ano, a empresa propuxo, durante a última xuntanza, pagar 25 días por ano traballado cun tope de 14 mensualidades.

Unhas contías que os traballadores/as consideran un "insulto", tendo en conta que o Grupo ao que pertence incrementou o seus beneficios a ano pasado un 17%, e mesmo dende que anuncio do peche das tendas no estado español, a compañía subiu a cotización en bolsa.

A este respecto, Naya apuntou que, nas negociacións, Darty tamén ofreceu unha caste de "bolsa de emprego" para os traballadores/as de Galiza. A base desta proposta, explica, radica no feito de que as tendas de Galiza son rendíbeis e xa hai varias empresas que amosaron o seu interese por adquirir parte da rede de tendas. "Porén, advertiu, esta oferta non ten consistencia ningunha, porque Darty non pode impor a outras empresas a que traballadores e traballadoras ten que contratar nin pode garantir a subrogación".

Ademais, criticou o representante da CIG-Servizos, o despropósito co que a empresa está afrontando o peche das tendas e o almacén central chega até o punto de que subcontratou a unha firma inglesa para que organice a liquidación de toda a mercancía.

Á espera do que aconteza na reunión convocada para o martes, os traballadores/as seguirán coa folga cando menos até o día 11 de maio –data na que remata o período de consultas-, e non descartan prolongar o paro xeral até finais de mes. Así mesmo, están realizando concentracións e protestas diarias diante dos estabelecementos polas mañás e as tardes.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.