1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220413 solidarGaliza - CNT - Coremain e Vodafone reprimen a liberdade sindical. Despedida a Secretaria de Organización da Sección Sindical de CNT


O pasado xoves, despois de ter sido sancionada arbitrariamente por Coremain e Vodafone, unha sanción inxusta que se atopa en vías de solución xudicial, Vodafone e Coremain despedían á Secretaria de Organización da Sección Sindical de CNT en Coremain, un feito que non é senón un máis dunha longa lista de situacións de acoso por parte da empresa aos compañeiros e as compañeiras que se atreven a desenvolver a súa lexítima acción sindical en Coremain.

É lóxico que ao desexo de lucro a calquera custo de Coremain e Vodafone non lle veña ben a presenza na empresa de traballadoras que evidencien e denuncien os habituais despedimentos, a aplicación dun ERE, as sancións ao exercicio da liberdade sindical e á distribución de propaganda, a falta de respecto ao convenio colectivo en canto a inhabilidade laboral dos sábados pola tarde e os domingos, etc.

Pero é máis lóxico, e máis digno, que ante estes ataques aos nosos dereitos os traballadores e as traballadoras da empresa lles plantemos cara e non nos resignemos a ver como se pisan os nosos dereitos e como día a día vamos retrocedendo e empeorando as nosas condicións de traballo. Isto é o que vimos facendo desde a Sección de CNT, e o que nos atopamos por parte da empresa é o acoso e a represión sindical.

É importante sinalar que este despedimento realízase de maneira conxunta por Coremain e Vodafone, o que fai evidente como as empresas non teñen ningún problema en actuar conxuntamente, e ilegalmente, para librarse dunha persoa que lles é molesta. É esta acción conxunta a que temos que recuperar as persoas que traballamos en Coremain. Só unidos na defensa dos nosos intereses podemos enfrontar o empeoramento de condicións de traballo que nos impón Coremain e a represión á que nos somete cando levantamos a voz polos nosos dereitos.

NIN UN SÓ DESPEDIMENTO MÁIS EN COREMAIN E VODAFONE
READMISIÓN INMEDIATA DA SINDICALISTA DA CNT


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.