1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

200413 cgtGaliza - CGT - A CGT da Coruña ten convocado, conxuntamente coa CUT, unha manifestación para o vindeiro Primeiro de Maio, que partirá da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas.


"O 1º de Maio é o Día Internacional da clase traballadora, un día de loita da clase social á que pertencemos o 99% da poboación, un día para sentirnos da mesma clase social, para confluír todas as persoas, xa sexamos empregadas, desempregadas, xoves, pensionistas, migrantes, estudantes, afectadas polos desafiuzamentos, excluídas, despoxadas... O 1º de Maio un día para reivindicar nas rúas a defensa da nova sociedade que cremos, baseada na liberdade e na xustiza social.

Este 1º de Maio é o quinto consecutivo que vivimos tras o estalido desta crise do sistema capitalista provocada conscientemente polo poder, por políticos corruptos, polos ricos e especuladores donos da banca, da grande patronal, das multinacionais.

Conducíronnos a unha situación de emerxencia social. Crearon seis millóns de parados, rebaixaron os salarios, négannos o dereito ao traballo, a un convenio colectivo, recortan os gastos sociais, privatizan a sanidade, a educación, reducen a protección social, fannos pagar unha débeda ilexítima, privatizan as grandes empresas, os servizos públicos, rebaixan as pensións, todos os dereitos os converten en negocios... e todo elo grazas a unha clase política inmoral, corrupta, que só recibe ordes da Troika (BCE – UE – FMI) e abandona a súa obriga de servir ao pobo, xerando un sistema político que nega a verdadeira participación democrática a ese pobo.

A perseveranza deste ataque ideolóxico e estratéxico non ten límites. Habemos de ser nós, quen demos as solucións dende a autoxestión, poñendo en marcha proxectos e accións que paren a agresión e que nos conduzan a unha nova sociedade que dea prioridade ás necesidades das persoas fronte aos mercados económicos e financeiros.

Dende a CGT dicimos que non podemos seguir resignados ante o drama do paro e propoñemos a ocupación das empresas que pechan, sendo as e os traballadores quen as xestionen e reciban o financiamento e asesoramento público que agora se destina para pechalas.

Fronte o paro propoñemos repartir o traballo, reducindo a xornada laboral; propoñemos adiantar a idade de xubilación, para poder traballar todas e todos.

Propoñemos repartir a riqueza a través dunha reforma fiscal que remate co fraude, os paraísos fiscais, as exencións de impostos ás grandes fortunas e empresas, e que sexan os ricos quen paguen máis, para que a sanidade, a educación, a protección social, sexan públicas e universais, para todas e todos.

Non podemos seguir resignados, ante un sistema político e social imposto polo capitalismo que consegue levarnos a situacións de fame, violencia, desesperación, á destrución da vida no planeta.

Dende a CGT propoñemos loitar, ocupar as rúas, os espazos públicos, propoñemos unha mobilización permanente contra o sistema, negarnos a colaborar con el, propoñemos convocatorias de folgas sectoriais e xerais para que a poboación sexa a verdadeira protagonista da nova sociedade que queremos, unha sociedade de reparto, de igualdade e xustiza. Unha sociedade autoxestionaria, anti patriarcal, ecoloxista, non racista nin xenófoba... libertaria.

Este é o único camiño: a autoxestión. Non hai volta atrás

CGT da Coruña


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.