1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

180413 vigoGaliza - CIG - A central nacionalista celebrou antes unha asemblea para analizar o impacto das últimas medidas do PP e preparar a mobilización do 1º de Maio


Máis de 350 delegados e delegadas da CIG participaron hoxe na protesta convocada pola central nacionalista diante do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en Vigo para rexeitar as últimas reformas aprobadas polo Goberno español do PP. Previamente celebrouse unha asemblea para analizar o impacto das medidas sobre a clase traballadora e preparar a mobilización do vindeiro 1º de Maio.

Os representantes sindicais da CIG permaneceron preto dunha hora ás portas do edificio público -onde despregaron unha faixa co lema "Coas políticas do PP, os pobres máis pobres e os ricos máis ricos"- berrando consignas contra a precariedade laboral e reclamando unhas condicións laborais dignas.

Case ao remate da protesta, pasadas as 12.30 horas, os secretarios comarcal e de organización, Serafín Otero e Anxo Iglesias, entregaron un escrito no Rexistro do INSS esixindo a retirada dos últimos decretos.

Antes, arredor das 10.00 horas, os delegados/as participaron nunha asemblea na que se analizou o impacto das medidas sobre a clase traballadora e se abordou a preparación das mobilizacións previstas con motivo do 1º de Maio, Día da Clase Obreira.

O representante da CIG no Consello Económico e Social (CES), Luís Burgos, foi o encargado de explicar as recentes reformas adoptadas polo PP a través de distintos decretos. Lembrou que este tipo de modificacións sempre se fan en períodos de crise "porque a clase traballadora está máis debilitada" e puxo como exemplo as reformas de 1984 (centrada no acceso ao mercado de traballo, consolidou a temporalidade); 1994 (centrada nas condicións de traballo, consolidou a temporalidade); e 2010-2012 (centrada na saída do mercado laboral, facilita o despedimento).

Neste senso, indicou que os cambios introducidos agora polo PP pretenden "precarizar aínda máis as condicións laborais da mocidade coa creación de novos contratos subvencionados de carácter temporal e que se vinculan á formación, o que na práctica supón introducir os chamados 'minijobs'". Tamén criticou que pretendan recuperar o contrato temporal sen causa para menores de 30 anos e que os de prácticas amplían a idade até os 30 anos.

Pola súa banda, o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara, alertou sobre a grave situación que padece a comarca viguesa onde, segundo datos da propia Inspección de Traballo, "desapareceu o 60% do sector industrial". Diante disto, chamou a dar unha resposta na rúa e a aproveitar as mobilizacións do 1º de Maio para sumar forzas. "Temos que plantarlle cara ao sistema se queremos que haxa futuro, tanto para nós como para os nosos fillos e fillas", asegurou.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.