1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280313 procissomGaliza - CIG - Os traballadores/as do naval marchan en "procesión" para esixir carga de traballo e a construción do dique flotante.


A representación do persoal manterá unha xuntanza coa dirección a próxima semana na que agardan respostas a respecto das ameazas de axustes salariais.

A pesar da intensa choiva que caeu durante toda a tarde deste mércores, os traballadores e traballadoras do sector naval de Ferrol non se arredaron e saíron coa súa particular procesión polas rúas da cidade en demanda de carga de traballo, a construción do dique flotante e contra das pretensións da empresa e a SEPI de cargar agora a culpa da situación dos estaleiros sobre o persoal. A este respecto, dende a Sección Sindical da CIG agárdase que na xuntanza da vindeira semana a dirección aclare cuestións sobre carga de traballo, a construción do dique flotante e os problemas financeiros da compañia, pero tamén que despexe as dúbidas xurdidas sobre posíbeis axustes salariais.

Xunto a habitual faixa en demanda de carga de traballo, os traballadores/as de Navantia e as empresas auxiliares realizaron unha simbólica procesión reivindicativa, con motivo da celebración da Semana Santa, na que a modo de paso, os costaleiros portaban unha recreación dun buque hotel.

Acompañando a marcha tamén había buzos de traballo "crucificados" e non faltaron tampouco as caretas dos responsábeis políticos con capacidade para encetar unha saída á crise que viven estaleiros da ría: Mariano Rajoy, Cristóbal Montoro ou Alberto Núñez Feijoo.

Reunión en Madrid

A mobilización chega unha semana antes da reunión que a representación do persoal manterá en Madrid co director da compañía para abordar cuestións como o convenio colectivo, a falta de carga de traballo, os investimentos a realizar ou a grave situación financeira do grupo. A este respecto, o responsábel da Sección Sindical da CIG, Marcelino Amado, amosa as súas dúbidas a respecto dos resultados de dito encontro, pois nas últimas xuntanzas, criticou, a empresa ten sido demasiado opaca "e non se avanza nin aclaran ningunha cuestión".

Nese encontro tamén se agarda que a dirección explique as súas pretensións a respecto das condicións salariais do persoal, logo das declaracións realizadas polo Presidente da SEPI e de Navantia nas que situaban á orixe da situación da empresa pública nos custes salariais, tentando desviar do debate a súa propia responsabilidade e deficiente xestión, e cargando a culpa da crise do sector non sobre a falta de carga de traballo, senón sobre os propios empregados/as.

Para a Sección Sindical da CIG en Navantia con esta manobra, os responsábeis da SEPI e a empresa pública pretenden desviar a atención da verdadeira orixe da crise do sector e que en lugar de falarse de carga de traballo, da construción do dique flotante ou dos contratos de Pemex, se estea a falar dos salarios dos traballadores/as de Navantia.

Novo organigrama

Así mesmo, o vindeiro martes, está programada unha reunión da parte social coa dirección de Ferrol por mor do novo organigrama que se quere implantar. Neste senso, Amado apuntou ao malestar que existe entre os mandos intermedios e os traballadores/as (que os encargados de sacar a obra adiante), xa que a actual estrutura funcionaba correctamente, cumprindo todos os prazos de traballo. Porén, denuncia, "a dirección quere impor un novo organigrama, importando un modelo que non procede do naval, que é un sector con moitas peculiaridades".

As mobilizacións continuarán nas próximas semanas

Á espera do que dean de si as reunións en Ferrol e Madrid, a representación dos traballadores/as continuará estudando novos calendarios de mobilizacións. Alén das protestas que se concreten, dende a Sección Sindical da CIG enténdese e defenderase que esta xeira de accións ten que rematar coa convocatoria dunha folga comarcal antes do mes de maio, tentando aglutinar o maior número de forzas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.