Asímesmo, tivo lugar unha Asamblea Xeral do sindicato na que se produxo a elección dun novo Secretariado Permanente do SOV co compañeiro Serafín Rodríguez (ferroviario) na responsabilidade de Secretario Xeral.
Na Asamblea se puxo de manifesto a necesidade de reorganizar a actividade sindical, coa potenciación das diferentes seccións sindicais xa constituídas e para levar o anarcosindicalismo ás empresas onde aínda no ten presencia a CGT. A labor prioritaria, ademais dos distintos conflictos laborais, será organizar o Primeiro de Maio.


