1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

070313 setorfloGaliza - CNT - Este ano realizamos xa o IV Foro-Mesa redonda do Sector Forestal. O noso obxectivo segue sendo a transformación e o progreso social a través dunha economía sostible e integrada co noso entorno, fomentando o coñecemento dos nosos recursos e das alternativas económicas co fin de promover o rural como base para a dinamización e potenciación do autoemprego e protección do medio.


Galiza conta con centos de desempregados nun país que non aproveita nin a superficie forestal, nin a produtividade do seu clima e das súas terras, que é das maiores de Europa. Inventarios forestais e outros estudos dinnos que está a aumentar a superficie e a biomasa forestal. Namentres xs traballadorxs son uns dos colectivos con maior risco laboral pola deficiente formación e prevención, aparte de peor renumerados.
Centos de vilas condenadas o despoboamento por falta de actividade económica pese a existir unha das maiores riquezas forestais europeas.
Estamos consumindo materias primas e produtos da importación, que levan consigo a dubida sobre a sostibilidade social, ambiental e económica dos aproveitamentos neses países, mentres os nosos montes ancóranse no
esquecemento, vendo como o local non se lle da saída, aínda que a inversión para xerar emprego e moito máis barata que noutros sectores.
Esta inexplicable NON xestión, e abandono dos nosos montes non fai máis que
contribuír a que os incendios forestais sexan cada vez máis graves e incontrolables. Perdemos moitas veces, primeiro o non darlle o valor ao que temos, tanto cultural, ambiental e laboralmente pois o non aproveitar os recursos que xenerosamente nos brinda a natureza, estamos fomentando o abandono do rural, e perda do noso patrimonio, e segundo polos danos e custes que supón, ano tras ano, os incendios forestais.
Galiza segue vivindo infravalorando o monte que noutra ora non tan lonxeva serviu de sustento social. Segue sen aprobeitar o que nos pode xerar, cunha boa xestión sostible, unha recuperación das nosas vilas e vidas rurais tan
dignas como esquecidas.
As mulleres teñen unha taxa de paro máis do dobre maior ca dos homes neste sector. So un 15% da poboación ocupada no agroforestal son mulleres. Cando se fala do monte non se pensa nas mulleres, isto e un dos problemas principais neste sector, a invisibilidade.
Por elo dende a Sección Sindical Forestal da CNT-AIT realizamos este foro, coa pretensión de analizar as problemáticas actuais dos nosos montes, así como as distintas posibilidades de emprego e recursos económicos sempre dende unha
perspectiva de sostibilidade co medio para aproveitar os recursos forestais garantindo a súa permanencia e renovación, así coma tamén dinamizar as zonas rurais a través da valorización dos espazos e produtos forestais, conseguindo unha multifuncionabilidade do monte.
POR UN SECTOR FORESTAL UNIDO, CONSCIENTE E COMBATIVO!!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.