Galiza - Sermos Galiza - O actual ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, criou en 2006 unha asesoría, Montoro Asociados. A consultora chámase hoxe Equipo Económico S.L., está presidida por un antigo secretario de Estado do PP e sobre a base de informes elaborados por ela Novagaliciabanco deseñou o plano que porá na rúa a unhas 2.500 persoas e decretará o feche de 450 oficinas.
Montoro abandonou a consultora en 2008, embora o seu irmao Ricardo mantivo nela un importante paquete no accionariado até o pasado mes de Setembro.
As conexións co PP desta asesoría son múltiplas: no seu organigrama directivo aparece como presidente Ricardo Martínez Rico, secretario de Estado de orzamentos no goberno de Aznar.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.