1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

310113 cigvigoGaliza - CIG - Man de obra barata para favorecer o beneficio da empresa privada.


A CIG denuncia, logo de analizar os orzamentos da Xunta para 2013, que o Partido Popular non ten como obxectivo saír da crise, senón dar os pasos necesarios para modificar substancialmente -á baixa- as condicións laborais da maioría da clase traballadora, privatizar servizos até o de agora impartidos polo sector público, como educación e sanidade, e acabar co modelo de caixas de aforro, entre outros. Achegamos o documento elaborado polo Gabinete Técnico da central sindical que foi aprobado este luns pola Executiva Confederal.

Novamente, e xa van catro anos, a Xunta presenta uns orzamentos restritivos. Para o ano 2013 a cantidade orzamentada alcanza a cifra de 9.479 millóns de euros, un 3,8% menos que a cantidade prevista para 2012. Desde o ano 2009, en que a crise se instala no noso país, a caída das contas públicas foi de 2.300 millóns de euros.

Estamos falando de previsións, e as previsión fanse sobre un escenario macroeconómico determinado. O do ano anterior foi totalmente errado: dunha previsión de crecemento do PIB do 1,%, xa rematado o ano 2012, todo parece indicar que o PIB vai descender máis dun 1,1% con respecto a 2011; e a taxa de paro vai quedar catro puntos por riba do apuntado nos orzamentos anteriores, polo que os orzamentos executados con toda probabilidade foron inferiores aos previamente estimados no proxecto. Porén, temos que partir desta base, así como das previsións macroeconómicas que sustenta o novo orzamento aínda que unha vez máis sexan de dubidosa credibilidade.

O escenario macroeconómico previsto é o seguinte:

Cadro macroeconómico.

 

2010

2011

2012

2013

Gasto en consumo final

Consumo fogares

Consumo AAPP

-0,3

-0,4

0,2

-1,0

-1,0

-1,1

-2,3

-2,0

-3,1

-2,8

-2,0

-5,0

Formación bruta de capital

-9,2

-4,2

-5,3

-3,2

Achega demanda interna

-3,1

-1,7

-3,0

-2,9

Exportacións

5,2

4,3

-1,9

2,3

Importacións

0,8

-1,7

-2,0

-1,5

Achega sector exterior

2

Produto Interior Bruto

0,1

0,3

-1,1

-0,9

Emprego

-3,7

-2,7

-4,0

-2,0

Taxa de paro

15,4

17,4

20,6

21,0

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2013. Xunta de Galiza.

Un ano máis, faise unha previsión macroeconómica baseando a contención da caída do PIB na achega do sector exterior, algo que xa se fixera nos orzamentos anteriores e que se repite. Prevese que as exportacións medren un 2,3% (nas previsións para 2012 estimábase un crecemento das exportación do 3,5% e na práctica van descender preto dun 2%), nun contexto de crecemento da economía mundial, mais todo parece indicar que a zona euro vai rematar 2012 en números vermellos, e as previsións para o 2013 son de estancamento, ou próximo a el. Así, son os chamados países emerxentes os que sustentan o crecemento da economía mundial, pero o noso mercado non está fóra da zona euro, nin case -podíamos dicir- fóra do Estado español, e no que respecta a este último, todo indica que vai rematar novamente cun decrecemento próximo ao -1,5%. E nese contexto, a onde imos exportar?

A demanda interna continúa caendo, tanto pola vía do consumo como do investimento de capital. Loxicamente cando o desemprego está medrando, os salarios caendo, os/as pensionistas cos seus ingresos estancados, o persoal funcionario cunhas reducións dos salarios en torno ao 20%, os impostos indirectos medrando, etc., neste contexto o consumo cae, e ao caer o consumo os empresarios non invisten e cae a formación bruta de capital; ao caer o investimento medra o desemprego, ao medrar o desemprego cae o consumo, e volta a empezar.

Unha espiral en descenso na que levamos anos e da que non se ve a saída, xa que os gobernantes do Partido Popular teñen unha ruta trazada, cuxo final non é saír da crise a curto prazo, senón modificar substancialmente, á baixa, as condicións laborais da maioría da clase traballadora, privatizar servizos ata o de agora impartidos polo sector público como educación e sanidade, acabar co modelo de caixas de aforro.... En resumo, pasar todos os sectores económicos a mans privadas e abaratar a man de obra para que logo, a medio/longo prazo, o beneficio empresarial teña os resultados que eles esperan.

Se este non fose o fin, non se explica como ano tras ano, desde que comezou a crise, se poidan presentar unha contas públicas que non axuden, en absoluto, a mudar, ou cando menos a frear, esta situación decadente. Máxime, cando a política orzamentaria é practicamente a única que dispón este executivo para poder actuar.

A seguir, imos desentrañar paso a paso estas contas públicas comezando polo lado dos ingresos.

Antes de comezar convén aclararmos as dificultades coas que batemos á hora de comparalos cos do ano anterior, xa que hai partidas que variaron considerabelmente do orzamento inicial en 2012. Así, os orzamentos do Estado para 2012 estaban prorrogados, e a Xunta aplicou o mesmo procedemento nas partidas que son transferidas do estado, e logo tiveron unha modificación á baixa.

Outras partidas, como os gastos de persoal, sufriron reducións unha vez aprobados os orzamentos (por exemplo, a eliminación da paga extra polo Nadal, acordouse a posteriori da aprobación dos orzamentos) polo que esta partida tampouco é comparábel coa do ano anterior. Xa que logo, hai que se fixar máis na “filosofía” que subxace ca nas contas stricto sensu.

Orzamento consolidado de ingresos. Millóns de euros.

Variación 13/12

Capítulos

2010

2011

2012

2013

Importe

%

I. Impostos directos

1.373,30

2.030,90

2.030,20

1.912,60

-117,60

-5,8

II. Impostos indirectos

1.896,70

2.855,50

2.958,60

2.943,77

-14,83

-0,5

III. Taxas, prezos e outros ingresos

270,6

174,4

180,1

201,07

20,97

11,6

IV. Transferencias correntes

5.298,20

2.760,50

2.615,80

2.311,89

-303,91

-11,6

V. Ingresos patrimoniais

19,6

16,3

21,8

23,16

1,36

6,2

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

8.859,10

7.837,70

7.806,60

7.392,53

-414,07

-5,3

VI. Alleamento de investimentos reais

49,4

26,1

31,8

29,94

-1,86

-5,8

VII Transferencias de capital

729,1

657,5

636,5

561,62

-74,88

-11,8

T. INGRESOS NON FINANCEIROS

9.637,60

8.521,30

8.474,90

7.984,10

-490,80

-5,8

VIII. Activos financeiros

0,7

9,4

10,9

20,15

9,25

84,9

IX. Pasivos financeiros

2.047,70

1.339,90

1.373,80

1.475,63

101,83

7,4

TOTAL INGRESOS FINANCEIROS

2.048,50

1.349,30

1.384,70

1.495,78

111,08

8,0

TOTAL INGRESOS

11.686,20

9.871,40

9.858,50

9.479,88

-378,62

-3,8

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2013. Xunta de Galiza.

Os ingresos derivados das operacións correntes sofren unha forte caída, polo que o único que contén lixeiramente esta caída é o incremento do endebedamento, que medra un 7,4% e acada os 1.475,63 millóns de euros. Deste novo endebedamento, 833,9 millóns van destinarse a amortizar débeda anterior, polo que apenas quedan dispoñíbeis 641 millóns. Porén, temos que ter en conta os xuros da débeda, que este ano acadan os 299,26 millóns, un 1,5% máis que no ano anterior; polo que do novo endebedamento só quedan uns 300 millóns dispoñíbeis.

Entre amortización da débeda e gastos financeiros consúmese o 11,9% do orzamento previsto.

A pesar de que se prevé unha caída do 5,3% nos ingresos correntes, estes acadan o 79,2% do total dos ingresos, correspondendo a maior contía do que se prevé recadar aos impostos indirectos.

En canto aos impostos indirectos, aínda que na súa meirande parte descenda a recadación, prevese que o medre do recadado a través do IVE, un 3,7%, faga que a caída do capítulo sexa só dun -0,5%. A pesar do forte medre dos tipos de gravame deste imposto (non afectaron a todo o ano 2012), parece difícil que se incremente a recadación, xa que a previsión de caída do consumo é moi importante, dun 2%.

No que atinxe aos impostos directos, a recadación vese minorada tanto polo descenso do imposto sobre sucesións e doazóns, como pola tarifa autonómica da rendas sobre as persoas físicas.

Mais son as transferencias correntes, as que proveñen do Estado, as que sofren o maior descenso, un 11,6%. Dentro deste capítulo son de salientar partidas polo carácter social que presentan:

-          As partidas destinados a dependencia reducen o importe nun 15,6%; entre outras, non se prevé incorporación de dependentes moderados ata o 2015.

-          Descenden as destinadas a fomento do emprego e formación profesional para o emprego, así como as contías dedicadas a promotores e orientadores de emprego. En xeral, a redución é de 137,1 millóns de euros.

-          Elimínanse as transferencias para acollida e integración de inmigrantes, o programa para a protección contra o maltrato infantil, para menores infractores e as axudas estatais para a vivenda.

-          Tampouco se prevén ingresos do Estado para o programa de apoio a centros de educación primaria e secundaria, o programa de redución de abandono escolar e o programa de aprendizaxe de linguas estranxeiras,

Xa se ve o que aposta o Goberno central pola dependencia, o emprego e a formación (máis adiante veremos o que fai a Xunta).

Neste ano mantéñense os fondos procedentes do Fondo Social Europeo.

Dentro das operacións de capital, o maior descenso correspóndese coas transferencias de capital. Dentro deste capítulo están incluídas as do Fondo de Compensación Interterritorial, que caeron fortemente, un 20,6%.

Polo lado dos ingresos, subxace a mesma filosofía que nos orzamentos do Estado. Xunto coa débeda o único que incrementa a recadación é a imposición indirecta, concretamente a través do IVE, imposto totalmente discriminatorio, que non ten en conta o nivel de rendas do consumidor/a, prexudicando máis as persoas de baixos ingresos xa que destinan unha proporción maior, ou a totalidade, dos seus ingresos ao consumo.

Non se utiliza a autonomía existente para modificar o tramo autonómico do IRPF, imposto sobre sucesións e doazóns, etc., polo que o sistema impositivo é cada vez máis regresivo, fomentando as desigualdades sociais.

Incremento das desigualdades que tampouco se palía polo lado dos gastos, xa que no que atinxe aos gastos só os derivados da débeda, sexan amortización ou xuros, medraron (tal como comentamos anteriormente). O resto descendeu especialmente os gastos destinados a protección social e promoción do emprego.

Os gastos non financeiros acadan os 8.479 millóns de euros (cifra moi semellante á do ano 2006) en termos reais, é dicir, sen ter en conta a inflación, senón os datos serían moito peores. A distribución e evolución por capítulo de gastos achégase no cadro seguinte.

Orzamento consolidado de gastos. Millóns de euros.

 

 

 

 

Variación 13/12

Capítulo

2010

2011

2012

2013

Importe

%

I. Gastos de persoal

3.772,70

3.627,30

3.606,90

3.381,56

-225,34

-6,2

II. Gastos en bens correntes e de servizos

1.378,30

1.353,10

1.384,60

1.371,38

-13,22

-1,0

III. Gastos financeiros

157,3

197,9

294,9

299,26

4,36

1,5

IV. Transferencias correntes

2.473,90

2.322,40

2.239,50

1.980,07

-259,43

-11,6

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

7.782,10

7.500,80

7.525,90

7.032,28

-493,62

-6,6

V. Fondo de continxencia

62

77,8

77,8

85,01

7,21

9,3

VI. Investimentos reais

1.250,80

805,3

782

699,13

-82,87

-10,6

VII.Transferencias de capital

1.156,00

764

749,6

663,33

-86,27

-11,5

OPERACIÓNS DE CAPITAL

2.406,90

1.569,30

1.521,60

1.362,46

-159,14

-10,5

T. GASTOS NON FINANCEIROS

10.251,10

9.148,00

9.135,30

8.479,76

-655,54

-7,2

VIII. Activos financeiros

118,1

306,9

175,6

166,19

-9,41

-5,4

IX. Pasivos financeiros

515,9

416,4

547,6

833,93

286,33

52,3

TOTAL GASTOS FINANCEIROS

634,1

723,4

723,2

1.000,12

276,92

38,3

Total orzamento

10.885,20

9.871,40

9.858,50

9.479,88

-378,62

-3,8

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2013. Xunta de Galiza.

A xeito de resumo: descenden os gastos non financeiros (un 7,2%) e medran os financeiros, un 38,3%; é dicir, a pesar do descenso global do orzamento, a partida destinada a amortizar débeda medra un 52,3%. E tamén medra o pagamento de xuros desta. E así, cando a sociedade e o sistema produtivo necesitan máis recursos que nunca, e a Xunta ten menos recursos que nunca, destínase unha partida cada vez maior a facer fronte á débeda e aos seus gastos. Detráense máis fondos da clase traballadora vía imposición indirecta, e destínanse aos bancos e especuladores vía pagamento de xuros da débeda.

Entrando nos capítulos, e comezando polos gastos de persoal, estímase unha redución do 6,2% con respecto o previsto no ano 2012, pero temos que ter en conta que nos orzamentos iniciais do ano 2012 non estaba incluído o non aboar a paga extra de decembro polo que a comparación non é homoxénea.

Por outra parte, cando menos, 436 persoas do servizo contraincendios, que ata este ano estaban no capítulo VI (levamos anos reivindicando este cambio), pasan ao capítulo I, gastos de persoal. Con todos estes cambios é difícil saber que vai pasar cos ingresos do persoal da administración autonómica, ou como vai evolucionar o cadro de persoal.

Os investimentos de capital sofren un novo descenso, sexa investimento directo da Xunta de Galiza (capítulo VI), sexan transferencias de capital a empresa privada para investimento (capítulo VII). En conxunto, o descenso foi do 10,5%, 159 millóns de euros menos que durante 2012; polo que neste anos se prevén destinar a operacións de capital 1.362 millóns de euros, a metade que se destinaba no ano 2009, cando empezou a recesión.

Antes de comezar a crise, cando a presenza do sector público era menos precisa que neste momento, destinábase a investimento público o dobre que na actualidade, cando a economía galega está nunha espiral en descenso, especialmente no que atinxe a formación bruta de capital.

Pero desde o lado dos gastos, se cadra, o máis interesante é a distribución funcional.

Orzamento consolidade de gasto. Distribución funcional. Datos en millóns

 

 

 

 

Variación 13/12

Grupos de función

2010

2011

2012

2013

Importe

%

1. Servizos de carácter xeral

241

236,9

232,6

209.6

-23

-9,9

Alta dirección da CA

41,5

39,1

38,3

36,5

-1,8

-4,8

Administración xeral

71,9

71,7

67,7

54

-13,7

-20,3

Xustiza

99,4

106,2

105,4

105,7

0,2

0,2

Administración local

10,5

8,6

11

3,7

-7,3

-66,4

Normalización lingüística

17,5

11

9,9

7,4

-2,5

-25,3

Procesos electorais e órganos de representación política

2,3

2. Protección civil e seguridade cidadá

24,1

21,5

25

20,6

-4,4

-17,6

Protección civil e seguridade

24,1

21,5

25

20,6

-4,4

-17,6

3. Protección e promoción social

1.033,20

975

951,7

767,6

-184,1

-19,3

Acción social e promoción social

636,7

612,6

606

561,1

-44,8

-7,4

Promoción do emprego e inst. do merc de traballo

386,8

354,46

339,2

202,3

-136,9

-40,4

Cooperación exterior

9,7

7,8

6,4

4,1

-2,2

-35,7

4.- Prod. de bens púb. de carácter social

6.553,80

6.084,50

6.043,00

5.718,10

-324,9

-5,4

Sanidade

3.728,20

3.545,20

3.529,20

3.417,70

-111,4

-3,2

Educación

2.379,70

2.222,40

2.210,30

2.066,80

-143,5

-6,5

Cultura

120,4

82,5

81,4

62,2

-19,2

-23,7

Deportes

34,8

22,7

21,4

18,5

-2,8

-13,4

Vivenda

162,8

97,6

89

49,8

-39,1

-44

Outros servizos comunitarios e sociais

128,2

113,8

111,5

102,8

-8,7

-7,8

5.- Prod. de bens públicos de carácter ec.

1.208,00

857,7

794,6

740,1

-54,4

-6,9

Infraestruturas

518,1

346,3

322,4

281,9

-40,4

-12,5

Ordenación do territorio

50,4

30,9

25,7

20,2

-5,5

-21,6

Promoción de solo para actividades econ.

17,2

8,1

4

17

12,9

319,5

Actuacións ambientais

243,8

156,2

136,4

112

-24,3

-17,9

Actuacións e valorización do medio rural

187,6

136,9

127,2

106,8

-20,4

-16,1

Investigación, desenvolvemento e innovación

134,8

115

117,7

103,1

-14,6

-12,4

Sociedade da información e do coñecemento

50,5

59,3

56,1

94,5

38,4

68,4

Información estatística básica

5,2

4,5

4,6

4,2

-0,4

-8,8

6.-Regulación económica de carácter xeral

134,1

89,8

89,3

92

2,7

3

Actuacións económicas xerais

39,3

32,3

31,1

31,3

0,1

0,6

Actividades financeiras

94,8

57,4

58,1

60,7

2,5

4,3

7.-Reg. económica de sectores prod. e desen. empresarial

891,2

880,9

769,3

702,1

-67,2

-8,7

Dinamización económica do medio rural

395

319,6

332,7

328,3

-4,3

-1,3

Pesca

153,6

129,6

132,6

109,1

-23,5

-17,7

Industria, enerxía e minería

54,3

48,6

54,8

44,5

-10,2

-18,7

Desenvolvemento empresarial

177,8

309,3

178

165,5

-12,4

-7

Comercio

31,3

20,9

21,2

18,5

-2,6

-12,7

Turismo

79

52,5

49,8

35,8

-14

-28,1

8.-Transferencias a entidades locais

126,8

119,6

121,9

118,6

-3,3

-2,7

Transferencias a entidades locais

126,8

119,6

121,9

118,6

-3,3

-2,7

9.-Débeda pública

672,5

605,1

830,5

1.110,80

280,2

33,7

Débeda pública

672,5

605,1

830,5

1.110,80

280,2

33,7

TOTAL

10.855,20

9.871,40

9.858,40

9.479,80

-378,5

-3,8

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2013. Xunta de Galiza.

Dos nove grupos de funcións en que se dividen os orzamentos de gasto, este só medra en dous: débeda pública -que o fai nun 33,7%- e mais o grupo de regulación económica de carácter xeral -que o fai nun 3%-; neste grupo o incremento está no programa de imprevistos e función non clasificadas, como vemos de difícil seguimento. Neste grupo tamén se inclúe a nova axencia tributaria, pero os fondos con que se dota esta -xunto cos de facenda- son menores que os orzamentados para facenda o ano anterior.

O resto dos grupos contan con menos fondos que o ano anterior, sendo de salientar, polo forte descenso, o grupo 3 protección e promoción social. O destinado a este cae un 19,3% con respecto ao ano 2012, descendendo todos os programas que forman parte deste grupo. Así é de destacar especialmente a forte caída dos fondos destinados a promoción do emprego e institucións do mercado de traballo, cun 40,4% de euros menos. Practicamente todos os programas se viron afectados, pero algúns especialmente; a saber:

  • Mellora e fomento da empregabilidade redúcese de 99 a 40 millóns de euros, un 59,6%.
  • Intermediación e inserción laboral redúcese de 17 a 7 millóns, un 58,8%.
  • Promoción do emprego, do emprego autónomo e do mercado de traballo inclusivo, descende de 54 a 43 millóns de euros. 11,4 millóns de euros menos, un descenso do 20%. Este programa xa descendera nun 17% no ano anterior.
  • Formación profesional a desempregados/as pasa de 98,9 millóns a 72 millóns de euros para 2013, un 27% menos. Este programa medrara o ano anterior.
  • Outro programa que sofre unha caída importante é o de mellora da cualificación no emprego, que pasa dunha dotación de 32,4 millóns de euros a apenas 6 millóns, unha caída do 81,4%.
  • O resto dos programas de sistemas de seguridade no traballo... descenden pero moito menos.

En definitiva, unha brutal caída deste grupo. E é incomprensíbel que, sendo o problema máis grave que ten nestes momentos Galiza a falta de traballo, resulte precisamente a partida de promoción do emprego a que sofre unha maior caída.

No caso de promoción e acción social, a evolución por programas é desigual. Dentro desta función o programa que acapara un maior número de fondos é o de dependencia. O descenso previsto para este ano é de 23 millóns de euros, un 7% menos que no ano anterior, descenso en consonancia coas transferencias do Estado para este fin como xa se comentou anteriormente neste documento.

Dentro deste grupo descende o programa de prestacións a familia e infancia (de 87,3 a 70,3 millóns); os servizos relativos as migración de 11,3 a 9,2 millóns; o programa de atencións ás persoas maiores e con discapacidade pasa de 60,5 a 54,3 millóns... Os programas que menos descende son os de protección e promoción da muller e violencia de xénero, pero son programas que perderan moitos fondos nos anos anteriores. Abonda con lembrar que o de igualdade e promoción da muller no ano 2009 tiña unha dotación de 32 millóns de euros e para este ano é de 6,2 millóns.

No grupo 4, produción de bens públicos de carácter social (os fondos para este grupo descenden un 5,5% acadando os 5.718,10 millóns de euros) están as partidas máis importantes: sanidade e educación. Ambas sofren descensos significativos: sanidade un 3,2% e educación un 6,5%. Os maiores descensos dentro deste grupo corresponden a cultura (-23,7%) e deportes (-13,45).

Dentro de sanidade descenden tanto os fondos destinados a atención primaria como especializada. Tamén en educación todos os programas ven minguados os seus fondos en maior ou menor medida.

Dentro do grupo 5, producións de bens públicos de carácter económico, o descenso é do 6,9%. Dentro deste grupo, a evolución orzamentaria é moi desigual. Os fondos medran para promoción de solo e sociedade do coñecemento e descenden para o resto. No que atinxe a promoción do solo, esta partida practicamente desaparecera. No ano 2012 só se orzamentaran para este fin 4 millóns de euros, e con este incremento sitúase en valores semellantes ao ano 2010.

No que atinxe á sociedade de información e do coñecemento, aumentan un 68,4% os fondos destinados a esta partida, pero probabelmente haxa truco, xa que estamos no proceso de creación ou consolidación da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza), e polo tanto estaríase traspasando a esta axencia orzamentos de consellerías, organismos ou departamentos TIC, polo que este medre aparente pode supor na práctica un descenso de fondos, xa que consiste en agrupar baixo o mesmo paraugas fondos que estaban espallados por outras consellerías ou organismos.

Dentro deste grupo, o descenso máis grande corresponde a infraestruturas, especialmente ao programa de conservación, explotación e construción de estradas que cae en 40 millóns de euros.

O descenso é xeneralizado en todos os programas.

Tamén dentro do grupo 7, regulación económica e sectores produtivos e desenvolvemento empresarial, a caída é xeneralizada. A máis afectada é pesca, especialmente o programa de mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura, cuxos fondos descenden un 20%.

Polo que respecta ao sector industrial e enerxético, en termos absolutos, o que máis descende son os fondos destinados ao enerxético, especialmente o programa de eficiencia enerxética e enerxías renovábeis, que perder máis de 4 millóns de euros con respecto ao orzamentado no exercicio anterior.

En resumo, estes orzamentos van facer certo o dito “atrás vira quen bo me fará”, xa que ano a ano a situación é máis dramática. Se no ano pasado os orzamentos baixaban un 0,1%, este ano baixan un 3,8%. Se os fondos destinados a promoción do emprego e acción social baixaran un 2,4% o ano pasado, este ano descenden un 19,3%. En sanidade e educación se o descenso era do -0,5%, agora é un -3,2 e -6,5% respectivamente... e así sucesivamente. Onde vai rematar isto?

Estamos en crise, é certo, mais a maioría das decisión non obedecen a unha estratexia económica e si política, senón non se explican estes datos: imos pagar parte da sanidade (ambulancias, porcentaxes aos pensionistas...), pero vaise gastar menos e privatizar partes ou todo; imos ter máis desemprego, pero vaise gastar menos en promoción do emprego. E cada vez as desigualdades socias son maiores, e as persoas asalariadas perden participación na renda a favor das rendas mixtas, pero subimos os impostos indirectos. E reducimos os salarios dos funcionarios/as e auméntaselles as horas de traballo, pero mantemos os ingresos dos altos cargos... e así sucesivamente.

É demoledor vivir este momento e ver estas contas que levan ao empobrecemento a unha parte cada vez maior deste país, e a outra, a máis nova e mellor formada, a buscar fóra un futuro que aquí se lles nega. Non debemos esquecer que só nos últimos catro anos abandonaron Galiza 77.164 mozos e mozas de entre 15 e 35 anos, o futuro de Galiza.

Os gobernantes da Xunta miran para outro lado mentres a xente emigra, xa que a xente que marcha non aparece como parada en Galiza, e así a taxa de paro é menor. Así se aos 264.000 parados/as estimados pola EPA no terceiro trimestre de 2012 sumamos os/as 77.164 que abandonaron Galiza, o número de persoas en paro pasaría a 340.000, e a taxa de paro dun 20% a un 26%. Para que se van preocupar.

Vigo, xaneiro de 2013.

Gabinete Técnico Confederal


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.