1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

290113 textilGaliza - Galiza Confidencial - A empresa galega di que a fábrica que ardeu en Bangladesh non tiña permiso para traballar para ela. Con todo, "atoparon etiquetas de Bershka e Lefties" entre as lapas. Inditex racha dous contratos con provedores.


Un lume este sábado en Dhaka (Bangladesh) custou a vida de sete mulleres traballadoras da confección, segundo denuncia a campaña Roupa Lima e a ONG galega Amarante. Entre as empresas que subcontrataban á fábrica estaba a galega Inditex, de acordo á versión do grupo de presión.

"O domingo algúns activistas conseguiron entrar nas ruínas de 'Smart Exports' e atoparon as etiquetas que vinculan aos principais comerciantes minoristas europeos con esta última traxedia: Bershka and Lefties, as cales pertencen a Inditex, propietaria da coñecida marca Zara e o comerciante minorista líder mundial de pezas de vestir; KIK Okay, pertencente á alemá KIK, e New Look, Scott e Fox, e Só Invest, todas marcas francesas", denuncian dende a Amarante Setem.

A empresa que dirixe Amancio Ortega reaccionou rápido á denuncia de Ropa Limpia. Un voceiro de Inditex confirmou a Efe que rachaba os seus contratos co proveedor Wonnover Bangladesh e o seu subcontratista Centex.

Ademais, Inditex alega que a fábrica era dunha empresa non autorizada para ser provedora súa. A firma de Ortega culpa aos seus provedores de desviar sen permiso a producción cara Smarts Exports.

Inditex reacciona moi rápido neste caso tras o escándalo que supuxo este inverno o incendio doutra fábrica no país do sudeste asiático. En inverno faleceron 124 persoas no icendio de Tarzeen Fashions. Segundo denunciou Roupa Limpa, naquela fábrica cosían para El Corte Inglés e outras firmas internacionais.

Os activistas denuncian que empresas como as españolas Zara (grupo Iditex) ou El Corte inglés, a sueca H&M, a francesa Carrefour, as estadounidenses Walmart, Gap ou o grupo PvH (Calvin Klein, Tommy Hilfiger), entre moitas outras marcas de moda moi coñecidas, producen a súa roupa nas "fábricas máis baratas e probablemente máis inseguras do mundo".

A industria de roupa de Bangla Desh ten un arrepiante historial de "accidentes" que se cobrou a vida de case 700 persoas nos últimos 7 anos. "Todas as empresas anteriormente citadas se viron involucradas en accidentes mortais causados pola falta de seguridade nas fábricas onde se subministran", denuncia Roupa Limpa.

Só entre 2006 e 2009, 414 traballadores/ás morreron segundo o corpo de bombeiros de Bangla Desh. En 2010, polo menos 79 persoas morreron en 21 fábricas.
Inditex alega que todos os provedores firman un código de conducta que impide o traballo infantil, a explotación e asegura a seguridade dos talleres. Porén, o feito de que hoxe rachara os contratos con varios provedores ao fío do novo incendio confirma que hai erros nesta cadea de control.

Para Amarante Setem Inditex non está facendo o suficiente. "Hai máis dun ano que levamos demando a Inditex que asine o "Acordo Bangladesh Lume e Seguridade na Construción" (Bangladesh Fire and Building Safety Agreement) para tomar medidas urxentes ante esta situación que, xunto co traballo cos sindicatos locais e globais, poidan asegurar que os edificios se revisen e os traballadores poden informar libremente de riscos para a seguridade e outras violacións", láiase a ONG.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.