1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290113 navantiaGaliza - CIG - Delegados/as do naval concentraranse mañá martes no Parlamento coincidindo co debate do proxecto de Orzamentos da Xunta


Era unha nova agardada, aínda que non por iso desexada. Tras das promesas políticas do PP, os múltiples informes técnicos, xurídicos e económicos, os atrasos nas xuntanzas, o desentendemento da lei do naval aprobada en 2010, os incumprimentos do chamado "contrato con Ferrol", e sobre todo, logo de levar ao estremo ao sector público naval galego, a reunión deste luns da Comisión de seguimento confirmaba que as instalacións da ría de Ferrol non contarán con un novo dique flotante.

Se nun primeiro momento, a SEPI e Navantia puxeron como escusa a falta cartos, agora a escusa é Europa. Segundo informaron os responsábeis da empresa pública, tras das consultas realizadas, Bruxelas considera que sería "ilegal" calquera financiamento externo para a construción do dique. E por financiamento externo, matiza o co-voceiro da CIG de Ferrol e membro da Sección Sindical, Manel Grandal, enténdese a consignación da obra a cargo dos Orzamentos do estado ou a participación da SEPI, accionista único da empresa pública. Segundo o transmitido polos representantes estatais parece que a única opción é que a propia Navantia asuma o custe da obra, unha vía que parece pouco factíbel.

Semella quedar totalmente descartada tamén a fórmula de sociedade que nunha das primeiras reunións da Comisión se presentou ás organizacións sindicais. Dita fórmula, xa cuestionada no seu momento pola Sección Sindical da CIG nos estaleiros, consistiría na constitución dunha empresa vehicular, encargada de buscar o financiamento e da construción do dique, para logo cederllo a Navantia. Neste caso, a empresa pública tería que retornarlle uns 4 millóns de euros ao ano polo seu uso.

O PP teima en Pemex como táboa de salvación

Paradoxalmente, o anuncio chega o mesmo día que as novas a respecto do suposto "desbloqueo pola vía diplomática" para a construción dos xa famosos buques hoteis de Pemex, que o PP teima en presentar como a táboa de salvación para o conxunto do sector naval galego. Unhas informacións de dubidoso credibilidade tendo en conta os cambios que se foron producindo nestes meses arredor dos dous contratos e que agora se "complementan", segundo as declaracións de Alberto Núñez Feijoo, con outros posíbeis encargos para Galiza por parte da petroleira mexicana.

Dende a Sección Sindical da CIG en Navantia non se fartan de repetir que o dique constitúe "unha ferramenta necesaria" que permitiría ter ocupación inmediata mentas non se concretan novos contratos. Ademais, levantar o novo dique resulta imprescindíbel para continuar no mercado de reparación de buques, máxime tendo en conta que países como Francia están competindo coa carga de traballo de Carenas ao dispoñer dun dique de maiores dimensións.

Concentración á porta dos estaleiros

Logo de coñecerse a noticia, a indignación dos traballadores/as non se fixo agardar e estoupou en forma de protesta ás portas do estaleiro, provocando durante horas que os responsábeis de Navantia, a SEPI e os representantes políticos que asistiran a reunión da Comisión tivesen que permanecer no interior das instalacións do Esteiro. Con esta protesta, logo de meses de mobilizacións e promesas incumpridas, o persoal quería manifestar as súa indignación ante a falta de compromiso político para defender un sector estratéxico para Galiza e motor económico de toda a comarca, como é o naval, fronte a este veto que traza o camiño dun novo proceso de desmantelamento do naval galego.

Pouco antes das once da noite a protesta deuse por finalizada tras da intervención dun bo número de policías que organizaron un cordón e escoltaron aos responsábeis de Navantia e a SEPI até un furgón para seren trasladados.

Así as cousas, os delegados/as do naval manteñen a concentración prevista para mañá diante do Pazo do Hórreo, coincidindo co debate no Parlamento do proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta 2013.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.